Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

21/04/2024 | 15:15 | A Presidencia da Xunta

Rueda participa na concentración moteira internacional Motococido 2024 en Lalín

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta mañá na concentración moteira internacional Motococido 2024 que se celebra en Lalín.

21/04/2024 | 10:26 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove entre o sector turístico galego sesións formativas para poñer en marcha o maior corredor ecoturístico de Europa no norte peninsular

Celebraranse o luns en Santiago de Compostela e o martes en Sober no marco desta iniciativa financiada con fondos Next Generation e que se leva a cabo co resto de comunidades da España Verde: Asturias, Cantabria e País Vasco

20/04/2024 | 10:28 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promove esta fin de semana a ‘Primavera de Portas Abertas’ nas rutas dos viños na Ribeira Sacra

Da man de Turismo de Galicia, un grupo de influencers especializados en enogastronomía e viaxes divulgan a iniciativa que comezará en maio para o público

18/04/2024 | 13:33 | Axencia de Turismo de Galicia

O Centro Superior de Hostalería de Galicia refórzase como formador internacional coa capacitación de 20 novos directivos hoteleiros de Arxentina

En colaboración coa Federación Empresarial Hoteleira Gastronómica de Arxentina (FEHGRA) realízase estes días formación específica para profesionais do país

16/04/2024 | 15:30 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta celebra a declaración de Interese Turístico Nacional da Festa da Filloa de Lestedo, coa que Galicia suma 10 festividades con este recoñecemento

Despois de que Turismo de Galicia informase favorablemente, vén de recibir a resolución da Secretaría de Estado de Turismo que se publicará no BOE

16/04/2024 | 12:15 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta abre a nova convocatoria de axudas de 2,5 M€ para a creación de novos establecementos turísticos de aloxamento e restauración

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria destinada a pequenas, medianas e grandes empresas para as que o prazo comeza mañá 17 de abril

15/04/2024 | 21:45 | A Presidencia da Xunta
13/04/2024 | 16:20 | Axencia de Turismo de Galicia

A denominación de orixe Ribeiro protagoniza esta fin de semana a promoción da nova edición da "Primavera de portas abertas" nas rutas dos viños

Turismo de Galicia organiza unha viaxe de familiarización para bloggers e instagrammers especializados en enogastronomía e viaxe para promover as tradicionais xornadas de portas abertas nas rutas dos viños que comezarán en maio para o público

12/04/2024 | 15:14 | Axencia de Turismo de Galicia

A segunda e a terceira fase da restauración do Parque do Pasatempo de Betanzos estará adxudicada antes de dous meses, en prazo para garantir a súa execución

A Xunta lamenta que o Goberno de España sembre dúbidas sobre a continuidade do proxecto e recorda que se están a cumprir escrupulosamente os prazos