Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

25/10/2023 | 12:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a partir de xaneiro as persoas maiores de 65 anos poderán viaxar de balde no transporte público da Xunta

Destaca que medidas como estas demostran que os Orzamentos de 2024 son útiles e procuran “solucionar os problemas da xente”, á vez que ratifican que o Goberno galego “segue a apoiar as persoas maiores”

24/10/2023 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a convocatoria dos actos expropiatorios para executar as obras da senda entre Mollavao e Os Praceres, no Concello de Pontevedra

Esta actuación, que se desenvolverá na estrada vella de Marín, a PO-546, prevé un investimento de máis de 6,8 M€ e licitarase antes de finais de ano

23/10/2023 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
20/10/2023 | 17:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para o ano 2024 na provincia da Coruña acadan preto de 266 M€

A Xunta destinará 111 M€ a avanzar na vertebración territorial e na mellora das estradas convencionais, con case 21 M€ dirixidos á conservación de estradas, supresión de tramos de concentración de accidentes ou mellora da mobilidade

20/10/2023 | 16:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da senda peonil na estrada autonómica AC-552 entre Pastoriza e Vilarrodís que suporán un investimento de máis de 150.000 €

A actuación conta cun prazo de execución de 3 meses e permitirá habilitar unha senda que favorecerá a circulación a pé ao longo dun treito da vía autonómica coincidente cunha intersección, reformulando o cruce e habilitando o espazo para o encaixe do itinerario

20/10/2023 | 16:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para 2024 superarán os 80,6 M€ na provincia de Lugo

A partida máis elevada, 35,25 M€, destínase a infraestruturas viarias o que permitirá, entre outras actuacións, impulsar con consenso a Rolda Leste na cidade de Lugo, con 5 M€ en 2024 e compromisos plurianuais para os vindeiros exercicios doutros 15 M€

20/10/2023 | 16:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os orzamentos da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para 2024 na provincia de Pontevedra superan os 158 M€

As actuacións no eido das estradas reciben a maior partida, 77,7 M€ para avanzar na construción de vías de altas prestacións e a mellora e conservación das vías convencionais

20/10/2023 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta optimizará a partir deste vindeiro luns o percorrido e os horarios da liña de autobús desde Lalín e Silleda cara aos hospitais de Santiago

Adiantarase a saída das tres expedicións de ida en 10 minutos, pasando de saír ás 06:35, 13:35 e 20:35 a facelo ás 06:25, 13:25 e 20:25 horas

18/10/2023 | 18:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta sinala que o bloqueo da autovía da Mariña polo Goberno de España dificulta a eficacia da VAC da Costa Norte e a accesibilidade dos concellos

Francisco Menéndez sinala que a VAC Costa Norte non pode supor unha alternativa para o tráfico de longo percorrido na Mariña, Ortegal e Ferrolterra sen a A-74 estatal e sen o apoio do Concello á Variante de Viveiro

18/10/2023 | 13:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a concesión de 103 axudas para a modernización e dixitalización das frotas de transporte de viaxeiros e de mercadorías por 638.000 €

Correspondese coa resolución das subvencións outorgadas entre o 1 de xuño e o 30 de setembro, no marco destes incentivos dirixidos a autónomos e a pemes do sector