Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

26/01/2023 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Medio Rural

A Xunta e a Deputación de Pontevedra avanzan na transmisión da titularidade da Finca de Lourizán e a Escola de Cantería

A colaboración entre ambas as administracións está a facer o proceso máis áxil do previsto e permitirá materializar as cesións nun prazo máximo de tres meses

24/01/2023 | 19:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta define o concepto de rehabilitación integral de cara a facilitar a concesión de permisos e licencias urbanísticas

Encarnación Rivas pon en valor a colaboración e coordinación administrativa para unificar criterios en materia urbanística

24/01/2023 | 17:08 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello avanzan na próxima ampliación do parque empresarial Lalín 2000

O Instituto Galego da Vivenda e Solo remitirá nas vindeiras semanas o proxecto de urbanización para a súa tramitación e aprobación por parte do Goberno municipal

 

23/01/2023 | 16:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta empraza ao Concello de Nigrán a incluír os mapas de risco de inundacións no PXOM e a dotarse dun plan fronte aos asolagamentos

A directora lémbralle ao Concello a obrigatoriedade de ter aprobado un plan de actuación municipal ante o risco de inundación co fin de conseguir a máxima protección para as persoas, bens e o medio ambiente

23/01/2023 | 14:35 | C. do Medio Rural

A Xunta comparte cunha delegación do Goberno de Castela e León o seu labor a prol do rural

A estadía deste grupo castelán-leonés, encabezado polo director general de Patrimonio Natural y Política Forestal, céntrase en ámbitos como o desenvolvemento rural e o eido forestal, incluída a loita contra os lumes

22/01/2023 | 11:03 | C. do Medio Rural

A Xunta cédelle ao Concello de Trazo a titularidade dunha parcela situada na concentración parcelaria de Benza para fins de interese xeral

O Goberno local solicitou a titularidade deste predio á Consellería do Medio Rural co fin de ampliar unha área recreativa

20/01/2023 | 11:42 | C. do Medio Rural

A Xunta declara a firmeza do acordo da zona de concentración parcelaria de San Bartolomeu de Berrande, no concello de Vilardevós

Dáse así un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial, que beneficia 257 propietarios e afecta a unha superficie total de 508 hectáreas

20/01/2023 | 10:33 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca a XIV edición dos Premios ao desenvolvemento rural cunha dotación total de 80.000 euros para oito categorías

Publícanse hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria e as bases destes galardóns, dirixidos aos proxectos que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada

18/01/2023 | 14:17 | C. do Medio Rural

A Xunta declara a firmeza do acordo da zona de concentración parcelaria de Castelaus, no concello de Calvos de Randín

Dáse así un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial, que beneficia 424 propietarios e afecta a unha superficie total de 661 hectáreas

17/01/2023 | 16:28 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Lalín avanzan no impulso ás diferentes parcelarias neste municipio pontevedrés

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural reuniuse co alcalde lalinense para abordar este asunto