Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

03/05/2024 | 15:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/05/2024 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora da estrada OU-212 no treito interurbano do concello de Beariz e na travesía de Liñares, en Avión

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio deste trámite, así como os bens, dereitos e propietarios afectados desta actuación de mellora da seguridade viaria, que suporá un investimento de máis de 1,3 M€

03/05/2024 | 13:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concluirá este verán as obras de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha

Ángeles Vázquez lembra que o obxectivo é solucionar a falta de presión nalgunhas zonas e de capacidade de almacenamento, de cara a facer fronte á demanda de auga na época estival e a dar servizo ao parque empresarial

02/05/2024 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que conta cun total de 75 prazas de estacionamento

O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000 €

01/05/2024 | 10:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 8 ofertas para executar o acondicionamento das vías próximas ao enlace da autovía Tui-A Guarda coa A-55 en Tui

Esta nova intervención, licitada por máis de 1M€, permitirá mellorar as condicións das vías afectadas pola execución da nova conexión da autovía, en funcionamento desde o pasado mes de febreiro grazas a un investimento da Xunta de 26 M€

29/04/2024 | 15:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de reforzo dun noiro na estrada AC-550 no Lugar de Abuín, en Porto do Son

Actuouse entre a vía autonómica e o seu entronque co camiño municipal desta parroquia de San Pedro de Baroña e supuxo un investimento de 43.000 euros

29/04/2024 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na Avenida de Zamora, no Concello de Ourense

As intervencións supoñen un investimento autonómico de case 50.000 € e están a comezar á altura do número 143 desta avenida integrada na trama urbana, para desenvolverse ao longo dunha lonxitude duns 270 metros

26/04/2024 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 1,2 M€ as obras de mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso polos concellos de Monterroso, Taboada e Palas de Rei

Intervirase ao longo dos arredor de 20 km de lonxitude que suman as dúas estradas que conforman o eixe de comunicación destes tres municipios, realizando reforzos localizados e puntuais do pavimento