Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 299 novas da área temática Formación:

04/08/2023 | 13:48 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina case 425.000 euros á formación e emprego no obradoiro de garantía xuvenil Inicia VII impulsado polos concellos de Fene, Ares, Mugardos e Cabanas

A delegada territorial, Martina Aneiros, informou hoxe da resolución desta convocatoria de axudas a Concellos da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para a promoción de accións formativas para mozas e mozos desempregados de ata 30 anos de idade

03/08/2023 | 17:38 | C. do Mar

Catro titulados en ciclos formativos de acuicultura beneficiaranse de bolsas que convocará a Xunta para perfeccionar a súa formación

O Consello da Xunta autorizou esta mañá o compromiso de gasto destas bolsas para a realización de prácticas de xestión e produción de cría de bivalvos durante dous anos no Instituto Galego de Formación en Acuicultura

24/07/2023 | 14:14 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lanza unha campaña de concienciación fronte ás altas temperaturas nas contornas laborais

A campaña, que forma parte da programación do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), pon o foco na necesidade de descanso, a climatización, a boa alimentación e a hidratación nos lugares de traballo

20/07/2023 | 12:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As axudas da Xunta para apoiar a formación de curta duración dirixida a persoas traballadoras poden solicitarse ata o vindeiro 29 de setembro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a novidosa iniciativa de Promoción do Emprego dirixida a microempresas, pequenas empresas, entidades do terceiro sector da acción social e profesionais autónomos para formar a persoas ocupadas por conta allea

19/07/2023 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Cubertas na primeira fase de adxudicación o 83% das prazas de Formación Profesional

A Consellería de Educación pecha a primeira convocatoria e as persoas seleccionadas dispoñen de prazo ata o 24 de xullo para matricularse

18/07/2023 | 13:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina máis de medio millón de euros á formación no obradoiro de emprego Vía da Prata II desenvolvido en San Cristovo de Cea, Piñor e Vilamarín

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe este obradoiro de emprego dual centrado na albanelería, nos aproveitamentos forestais e na atención sociosanitaria

18/07/2023 | 12:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta lembra que se poden solicitar ata o 2 de outubro os 3,1 M€ en axudas para financiar accións formativas en empresas para persoas desempregadas

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lago, participou hoxe na presentación do Programa de accións formativas de empresas con compromiso de contratación, organizada polo Clúster Alimentario de Galicia

16/07/2023 | 17:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta amplía a través da EGAP a súa oferta formativa nas materias propias de economía pública

Esta iniciativa ten como finalidade achegar unha formación especializada ao persoal das administracións galegas co obxectivo de mellorar os servizos que se ofrecen á cidadanía

14/07/2023 | 17:50 | C. do Medio Rural

A Xunta reafirma o seu apoio ao sector leiteiro pola súa condición de eido estratéxico para o rural galego

José Balseiros puxo en valor este sector produtivo e lembrou que Galicia é líder nacional na produción de leite e que se atopa entre as principais rexións europeas neste ámbito

14/07/2023 | 13:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta seguirá a dar pulo á economía social e apoiará accións divulgativas impulsadas por entidades da Rede Eusumo coas que espera chegar a unhas 4.000 persoas

O Consello da Xunta deu visto e prace a esta convocatoria de axudas, que eleva o seu orzamento ata os 690.000€