Actualidade
Buscador de novas
A Xunta activa para mañá a alerta laranxa por temporal costeiro
O fenómeno adverso afectará ao litoral da Coruña por mar combinada do noroeste con ondas de ata seis metros e ventos do oeste forza sete
A Xunta activa a alerta laranxa por choiva nas provincias da Coruña e Pontevedra
Agárdase unha precipitación acumulada en 12 horas de 80 mm
Os consorcios provinciais contraincendios propoñen unha mellora das condicións dos bombeiros coa equiparación salarial en toda a comunidade
Nun encontro entre representantes da Xunta, das catro deputacións provinciais e dos sindicatos trasladóuselles unha proposta que tamén inclúe un incremento do salario de arredor do 10%, unha redución da xornada a 1.642 horas anuais, aumento de efectivos nos 24 parques comarcais e 2 xornadas a maiores de asuntos propios
O 061 de Galicia asistiu 80 persoas por 57 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 1 de decembro, ata as 23,59 horas do domingo, 3 de decembro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 75 chamadas por accidentes de tráfico
Máis de 300 persoas participan hoxe e mañá nas probas físicas do proceso selectivo para cubrir 89 prazas de Policía Local en 24 concellos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou os participantes na primeira das dúas xornadas de exercicios
A Xunta reforza o material dos servizos de emerxencias de seis concellos ourensáns coa entrega de desfibriladores
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no acto de cesión das dotacións a San Cibrao das Viñas, Nogueira de Ramuín, Vilamarín, Trasmiras, Riós e O Barco de Valdeorras
Rueda agradece a entrega, eficacia e esforzo da Policía Autonómica na contribución a unha Galicia máis segura
Considera “urxente” que o Goberno central complemente na Comunidade os efectivos deste corpo de seguridade que “paulatinamente” ten ido perdendo
A Xunta entrega desfibriladores aos equipos de Protección Civil dos concellos de Santa Comba, Negreira, A Pobra do Caramiñal e Muros
O delegado da Xunta participou no acto de entrega das dotacións
Ana Ortiz entrega os novos carnés aos voluntarios das agrupacións de protección civil do Porriño, Val Miñor, Salceda de Caselas, Moaña e Redondela
A delegada da Xunta en Vigo presidiu este martes o acto de entrega das acreditacións no marco do proceso de regularización