Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da área temática Conservación da natureza:

31/03/2023 | 15:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reúnese con representantes dos propietarios das fragas para afondar nos contidos do PRUX que máis lles afectan

Lembran o compromiso da Xunta de investir 1,1 M€ de fondos Next Generation para ampliar a superficie pública deste espazo natural nos próximos dous anos

28/03/2023 | 12:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta salienta o compromiso do sector pesqueiro co coidado do medio ambiente tras recuperar máis de 700 kg de lixo mariño das nosas costas en 2022

Ángeles Vázquez valora que son xa 6 os portos galegos que participan nun proxecto pioneiro a nivel mundial, no que os pescadores recollen os residuos que caen nas súas redes e os levan ata os peiraos para o seu correcto tratamento

27/03/2023 | 16:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia comparte con Cataluña o seu modelo de xestión do lobo e o sistema de compensacións económicas ao sector gandeiro

Belén do Campo trasládalles os bos resultados do plan aprobado pola Xunta hai máis dunha década e confirmado polo estudo poboacional completado en 2022, que constata o estado favorable da especie ao estimar que hai 93 mandas reprodutoras

24/03/2023 | 12:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora dos espazos naturais e da eficiencia enerxética do Concello de Nogueira de Ramuín

A directora xeral de Administración Local e o delegado territorial da Xunta en Ourense visitaron a localidade para coñecer as actuacións realizadas no marco do Fondo de Compensación Ambiental, dotado con máis de 11 M€

20/03/2023 | 14:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta fixa a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do río Ulla entre o 1 de abril e o 30 de setembro de 2023

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe no DOG a resolución pola que se renova o plan de aproveitamento específico desta especie

19/03/2023 | 12:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada de pesca comeza en Galicia con máis de 12.000 afeccionados exentos de pagar as taxas por licenza

Ángeles Vázquez subliña que esta exención, unha medida introducida coa nova Lei de pesca continental para os menores de idade e o colectivo de maiores de 65 anos, beneficia xa en Galicia a un de cada tres pescadores con licenza en vigor

18/03/2023 | 11:02 | C. do Medio Rural

A Xunta lidera un proxecto europeo para mellorar a resilencia ambiental das zonas rurais

A secretaria xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural asistiu esta semana en Estocolmo á reunión de posta en marcha desta iniciativa que permitirá impulsar a cooperación de Galicia con outras rexións para promover políticas e instrumentos que permitan xestionar, manter e mellorar o capital natural das zonas rurais
 

17/03/2023 | 10:46 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destina máis de 4 M€ a promover accións entre os concellos da comunidade para fomentar o embelecemento do litoral

O obxectivo principal destas axudas é fomentar actuacións de rehabilitación de espazos singulares, promover accións que contribúan a unha maior integración coa paisaxe e respecto dos valores ambientais, a dixitalización de recursos con potencial turístico, así como a mellora da fachada turística e a corrección de impactos paisaxísticos en zonas costeiras.

02/03/2023 | 15:34 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Goberno galego aproba o Plan de uso e xestión do Parque Natural Fragas do Eume, cunha vixencia de 10 anos e un investimento estimado de 8,5 M€

Rueda subliña que o obxectivo é “buscar o equilibro” entre a conservación dos recursos e as actividades socieconómicas e a presenza humana ordenada no parque

01/03/2023 | 20:17 | C. do Medio Rural

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

Segundo as últimas medicións, o lume afectou a 0,28 hectáreas de monte raso dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés