Actualidade
Buscador de novas
A Xunta promove en Pontevedra o vínculo entre artesanía e moda
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, entregou hoxe durante o desfile DEBUT 23 o premio á “Mellor colección con valor artesanal”, apoiado pola Fundación Artesanía de Galicia por terceiro ano consecutivo
A Xunta apoia con máis de 25.000 € aos praceiros do mercado de Vilanova de Arousa
Esta axuda permitirá facer un estudo de mercado e levar a cabo iniciativas de mentoring e formación
A Xunta destaca en Santiago o papel da artesanía como dinamizadora do comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, visitou esta mañá o novo local do obradoiro de xoiería artesanal Noroeste Obradoiro, gañador do Premio Produto nos Premios Nacionais de Artesanía 2021 e do Premio Artesanía de Galicia 2016
A Xunta aposta pola formación para impulsar a competitividade da Artesanía de Galicia e a captación de novos talentos
A través da Fundación Artesanía de Galicia pon en marcha o programa ‘Aprender da tradición. Oficios e técnicas’, no marco do cal están programados polo de agora seis cursos centrados na ourivería compostelá, na olería de Buño, na xastrería, no tecido tradicional e na pasamanería
A Xunta apoia unha nova edición de Gastro Movida Summit para poñer a Vigo no foco da industria gastronómica
A delegada territorial, Ana Ortiz, participou este martes na presentación da segunda edición do evento
A Xunta contribúe con 44.000 euros á dinamización do comercio da cidade a través da asociación de comerciantes de Ferrol Centro
A delegada territorial recibiu esta mañá aos novos presidente e xerente da entidade, unha das beneficiarias das axudas para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia
Un total de 54 meles e 47 queixos participan este ano na Cata de Queixos e de Meles de Galicia organizada pola Consellería do Medio Rural
Dous paneis de cata formados por un total de 19 expertos serán os encargados de elixir totalmente a cegas os mellores queixos e meles de Galicia deste 2023.
A Xunta difunde na segunda xornada do Gastronomic Forum de Barcelona a potencia da industria alimentaria galega do campo e do mar baixo a etiqueta de Galicia calidade
26 empresas e produtos representantes da industria alimentaria galega amparados polos selos de calidade de DO ou IXP, participan través do stand de Galicia Calidade, froito do esforzo conxunto do goberno autonómico
A Xunta promociona cunhas xornadas técnicas o selo de calidade Artesanía Alimentaria
A Axencia Galega de Calidade Alimentaria organiza unhas xornadas técnicas dar a coñecer esta nova figura de calidade diferenciada