Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

24/12/2023 | 11:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 1,3 M€ en axudas para financiar os servizos municipais dos concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Estas achegas da Consellería de Política Social e Xuventude están dirixidas á contratación de persoal, ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e ao desenvolvemento de programas de inclusión

23/12/2023 | 12:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a construción da residencia de atención á discapacidade de Aspadisi con 655.000 €

Esta asociación é unha das dez entidades de Galicia beneficiarias da orde de axudas para a construción ou remodelación de centros de titularidade social, dotada de 13 millóns de euros

23/12/2023 | 10:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta adianta o pago da Risga antes do Nadal aos seus 5.600 beneficiarios

O vindeiro ano 2024 reforzarse o orzamento destinado a Inclusión Social ata superar os 153 millóns de euros

22/12/2023 | 14:37 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financia a ampliación do centro de día e residencial de ASPAS en Santiago con 550.000 euros

Finánciase a través da nova orde para a creación ou remodelación de centros de titularidade social dotada con 13 millóns de euros

22/12/2023 | 10:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 16,9 M€ en axudas aos concellos galegos para financiar os seus servizos municipais

Estes fondos irán destinados á contratación de persoal, ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) Básico e ao desenvolvemento de programas de inclusión

20/12/2023 | 19:07 | A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza o papel dos centros de día como ferramenta fundamental contra o illamento e descarga de traballo para familias e coidadores

Destaca a aposta da Xunta por seguir ampliando as posibilidades de coidados para darlles a todas as persoas maiores “unha pequena parte do que elas aportaron á sociedade ao longo da súa vida”

20/12/2023 | 15:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta participa na 28º edición do certame de Tarxetas de Nadal de Special Olympics

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, fíxolle entrega ademais de catro vehículos para mellorar a atención aos seus usuarios

19/12/2023 | 21:42 | C. de Política Social e Igualdade
19/12/2023 | 21:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta consolida 4.050 prazas públicas de atención especializada a persoas con discapacidade intelectual a través do concerto social

Está aberta a convocatoria para que as entidades sociais que desexen prestar estes servizos de atención residencial e diúrna presenten as súas propostas