Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

07/04/2024 | 12:36 | C. do Medio Rural

A Xunta define o Galicia Fórum Gastronómico como “unha unión da tradición, a innovación e a paixón” que permite poñer en valor a nosa calidade alimentaria

José González expresou o seu desexo de que o Fórum sirva como catalizador para fortalecer as nosas producións e promover un crecemento sostible deste eido

06/04/2024 | 20:02 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o apoio aos produtos alimentarios de calidade diferenciada amparados por selos coma a DOP Queixo de San Simón da Costa

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, estivo presente esta tarde no pregón da XVIII edición da Festa do Queixo de San Simón, que se está a celebrar esta fin de semana no concello lucense de Vilalba

06/04/2024 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza na execución das novas medidas para frear a expansión da avespa velutina incidindo no trampeo xeolocalizado e na divulgación á poboación

Neste contexto, estanse a desenvolver charlas informativas enfocada á veciñanza, como a celebrada no municipio pontevedrés de Pazos de Borbén

05/04/2024 | 20:01 | C. do Medio Rural

A Xunta lamenta que o Goberno marxine ás autonomías na modificación da PAC e que sexa incapaz de consensuar as reformas coas principais organizacións agrarias

José González demándalle ao Ministerio de Agricultura atención ás particularidades dos territorios neste proceso e concreción para aliviar a incerteza dos produtores

03/04/2024 | 14:48 | C. do Medio Rural

A Xunta promove un novo seminario dirixido ao sector lácteo para seguir favorecendo a competitividade das explotacións

A xornada desenvolveuse hoxe nas instalacións da explotación Devesa Langueirón, situada no concello coruñés de Ponteceso

02/04/2024 | 12:09 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca as novas medidas implementadas este ano para frear a expansión da avespa velutina dun xeito planificado e coordinado en toda Galicia

José González puxo en valor o esforzo da Xunta na loita contra esta especie invasora, cunha nova batería de iniciativas na que sobresae o trampeo selectivo e xeolocalizado, a través dun dispositivo coordinado nas catro provincias galegas

01/04/2024 | 15:55 | C. do Medio Rural

A Xunta mantén aberto o prazo de solicitude da nova liña de axudas para persoas de entre 41 e 55 anos que se incorporen á actividade agrogandeira, dotada con 3 M€

Estas achegas están enmarcadas na convocatoria de investimentos en explotacións agrícolas -os coñecidos como plans de mellora- e a incorporación de mozos ao sector, e cuxo último día para a presentación de solicitudes é o 22 de abril

30/03/2024 | 17:34 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza no desenvolvemento do proxecto europeo Agrifoodtef para incorporar intelixencia artificial e tecnoloxía robótica ao sector agroalimentario

Veñen de celebrarse dúas reunións para afianzar a coordinación entre os diferentes actores desta iniciativa, cuxo centro en Galicia será o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

27/03/2024 | 15:39 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o compromiso do Goberno autonómico coas empresas agroalimentarias que apostan pola dinamización do rural dun xeito sostible e innovador

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitou hoxe as instalacións da firma Orballo no concello de Paderne, dedicadas á produción de té ecolóxico

27/03/2024 | 13:20 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia os traballos da parcelaria de Cristimil, en Lalín, que suporán a reestruturación de 456 hectáreas de 234 veciños

Despois da fase de decreto, van comezar agora os primeiros labores de levantamento topográfico e obtención dos planos parcelarios, así como da preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria, cun investimento de 162.000 euros