Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 150 novas da área temática Urbanismo:

24/01/2023 | 19:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta define o concepto de rehabilitación integral de cara a facilitar a concesión de permisos e licencias urbanísticas

Encarnación Rivas pon en valor a colaboración e coordinación administrativa para unificar criterios en materia urbanística

15/01/2023 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o compromiso coas entidades veciñais cun investimento de 3 M€ destinados a garantir a súa actividade

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe ao encontro organizado pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo ‘Lucus Augusti’ na parroquia de Pedreda

14/01/2023 | 13:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por máis de 104.000 euros as obras destinadas a mellorar un espazo público en Mourelos, no Concello de Touro

A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado en 2010 para apoiar ás entidades locais en proxectos que melloren as condicións e a calidade de vida da súa veciñanza

14/01/2023 | 10:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta subliña que o anteproxecto de lei estatal para reforzar a seguridade xurídica no urbanismo asume as demandas do manifesto liderado por Galicia

Valora a oportunidade desta iniciativa lexislativa xa que a anulación dos plans xerais se converteu nun problema estrutural que afecta a todas as comunidades e urxe á súa aprobación canto antes para ofrecer unha solución eficaz á situación actual

10/01/2023 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta asigna 400.000 euros ao Concello de Cortegada para a rehabilitación do casco antigo

Trátase de axudas para a restauración a nivel de barrios, financiadas con fondos europeos

07/01/2023 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita o contrato para a humanización da contorna da casa cuartel do Concello de Esgos por máis de 190.000 euros

O vindeiro ano, o Goberno galego destinará 8,6 M€ a seguir apoiando ás administracións locais na execución deste tipo de obras, un 23 % máis que o orzamento destinado a tal fin en 2022

06/01/2023 | 15:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita a humanización e posta en valor da contorna de varios espazos públicos no Concello da Peroxa por máis de 150.000 euros

As actuacións permitirán humanizar a contorna das vivendas sociais, mellorar o acceso á área de autocaravanas, acondicionar beirarrúas na estrada OU-0502 e ampliar o alumeado público do recinto de feira

05/01/2023 | 13:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede máis de 500.000 € nun préstamo sen xuros ao Concello de Val do Dubra para a rehabilitación da antiga Tellería de Bembibre

Esta medida enmárcase no Fondo de cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes

03/01/2023 | 11:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta inviste máis de 320.000€ nunha actuación piloto de seguridade vial con iluminación led en oito pasos de peóns de Ourense

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, e o director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitaron hoxe as obras realizadas no barrio da Ponte, que permiten incrementar a protección dos peóns e mellorar a súa visibilidade

02/01/2023 | 13:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello do Pino estudan a humanización de dúas rúas no núcleo urbano do Pedrouzo

Ángeles Vázquez trasladoulle a Manuel Varela a posibilidade de que esta actuación, cuxo orzamento inicial estimado supera os 480.000 €, se leve a cabo ao abeiro do plan Hurbe