Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

09/02/2023 | 17:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por un desenvolvemento territorial sostible, integrado e centrado nas persoas

Rivas afirma que é o momento de abordar todas as medidas necesarias para conservar, recuperar e poñer en valor o existente e evitar o seu declive

09/02/2023 | 13:14 | C. do Medio Rural

A Xunta puxo en valor a Lei de recuperación agraria nunha xuntanza informativa no concello da Bola

A Consellería do Medio Rural ofreceu unha charla informativa sobre os obxectivos desta Lei, comprometida co avance na recuperación da actividade económica e social de terreos abandonados

08/02/2023 | 14:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta valora o compromiso do concello de Cartelle coa protección da paisaxe coa rehabilitación de varios inmobles municipais

Estas actuacións foron financiadas con preto de 40.000 euros, ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos

07/02/2023 | 12:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A aposta da Xunta desde 2015 por atraer empresas aos seus polígonos supera os 105 M€ e o solo industrial adxudicado ascende a case 2,9 millóns de m2

Nos últimos 8 anos e grazas ás medidas impulsadas para facilitar o acceso ao solo propiedade da Xunta, asignáronse 777 parcelas a 565 empresas o que supuxo un investimento indirecto superior aos 800 M€ e a creación de máis de 8.000 empregos

07/02/2023 | 12:24 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu algo máis de 3,1 millóns de euros na finalización da concentración parcelaria de Nebra, no concello coruñés de Porto do Son

Este proceso reorganizou unha superficie de 610 hectáreas, triplicando a superficie media das parcelas resultantes, propiedade duns 1.160 veciños

03/02/2023 | 13:15 | C. do Mar

Galicia avanza na tramitación da Lei de Ordenación do seu Litoral para velar polos investimentos presentes e futuros das empresas do sector marítimo-pesqueiro

A titular de Mar salienta que a Xunta pretende contar cunha lei o máis adaptada posible á realidade da comunidade autónoma e evitar as constantes trabas do Goberno central ao desenvolvemento das actividades asentadas no litoral

01/02/2023 | 12:43 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca en Friol a reestruturación da propiedade mediante permutas de especial interese agrario recollidas na Lei de recuperación de cara ao beneficio do sector primario

José González puido comprobar a eficacia deste sistema de mobilización de terras impulsado nunhas 400 hectáreas do concello e anunciou que este ano comezará un novo proxecto que consistirá en aplicar este sistema de permutas en tres zonas piloto

31/01/2023 | 13:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 76 axudas para a adquisición de vivendas xa construídas en 19 centros históricos por preto de 650.000 euros

Ángeles Vázquez valora a boa acollida desta iniciativa entre a xuventude xa que o 52% das axudas foron recibidas por menores de 35 anos

27/01/2023 | 12:25 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé acadar a trintena de procesos de concentración parcelaria tanto decretados como finalizados neste primeiro semestre do ano

Desde 2020 lévanse decretado unha totalidade de 27 concentracións e rematáronse outros 24 procesos