Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

15/03/2024 | 14:13 | C. do Mar

A Xunta investirá máis de 260.000 euros en melloras nos pavimentos dos portos da Mariña Lucense

Alfonso Villares visitou a dársena de Viveiro na que se actuará sobre a explanada de acceso ao peirao deportivo e viarios de conexión cun orzamento de 95.000 euros

14/03/2024 | 17:23 | C. do Mar

Alfonso Villares pon en valor o impacto positivo de iniciativas innovadoras como Enmalle Studio na que cultura e sostebilidade se dan a man

O titular de Mar destacou o labor dos GALP na promoción de proxectos que teñen por piares revalorizar o patrimonio mariño do territorio, diversificar a actividade económica no litoral e promover o desenvolvemento sostible

13/03/2024 | 16:19 | C. do Mar

A Xunta pon en valor a axenda da Economía Azul de Galicia como folla de ruta para seguir avanzando cara a sustentabilidade

O Goberno galego está ultimando o deseño dun documento estratéxico que recolle os obxectivos marcados pola Unión Europea e que ten como finalidade manter a Galicia como referente no desenvolvemento dunha economía azul responsable e sostible

13/03/2024 | 13:39 | C. do Mar

A Xunta destaca un novo récord exportador das empresas do mar galegas que o ano pasado se aproximaron aos 2.800 millóns de euros

Alfonso Villares enxalza a actividade de Safricope, iniciada en 1969 coa primeira instalación frigorífica no peirao marinense e modernizada no día de hoxe coas tecnoloxías de última xeración para a conservación de peixes e mariscos

12/03/2024 | 14:00 | C. do Mar

Alfonso Villares enxalza a dinamización da economía local que protagonizan a través dos GALP negocios que se vinculan ao mar como O Forno de Guísamo

O conselleiro destacou o salto adiante que deron as emprendedoras que se fixeron con esta panadería hai 5 anos para especializarse en empanadas de alta calidade feitas con peixes e mariscos adquiridos nas lonxas e mercados da zona