Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

14/05/2024 | 15:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta proxecta a mellora da seguridade da PO-230 ao seu paso por Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade con carrís máis anchos e menos curvas

O director da Axencia Galega de Infraestruturas mantivo unha reunión co delegado territorial e os alcaldes afectados para informalos sobre a primeira versión do proxecto da obra

13/05/2024 | 16:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da nova senda na estrada AC-424 no Couto, no concello de Ponteceso, que suporán un investimento de 357.000 €

O obxectivo desta intervención, cun prazo de 3 meses, é construír algo máis de 600 metros de itinerario, dos que case 400 discorrerán pola marxe dereita, e case 240 pola marxe esquerda, dando continuidade á senda actual

09/05/2024 | 19:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez inaugura as obras de ampliación do IES Ferro Couselo, cun investimento da Xunta de 2,7 M€

O conselleiro de Educación destaca a importancia desta actuación, que “satisface as demandas existentes debidas ao incremento de alumnos que está a vivir o centro”

09/05/2024 | 12:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 6,3 M€ a obra da senda que unirá Pontevedra con Marín

Executaranse 3,5 quilómetros de itinerario de pola marxe dereita da vía autonómica, cun ancho que oscila entre os 2,5 e os 4 metros, para o desfrute de veciños e visitantes, que se complementará cun aparcadoiro, un miradoiro e un parque infantil

09/05/2024 | 11:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inicia as obras de ampliación e reforma no CPI As Mirandas de Ares cun investimento de máis de 3 M€

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañado pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visita o centro para supervisar os primeiros traballos

07/05/2024 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Cerdedo-Cotobade completa a humanización da travesía de Tenorio, que sumou un investimento total de 1,3 M€

Co novo itinerario peonil, de 600 metros, a veciñanza xa pode percorrer 2,1 quilómetros de forma segura e accesible na zona dos principais equipamentos de Tenorio

06/05/2024 | 15:00 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda anuncia que a Xunta aproba a Estratexia Galega de Mobilidade para garantir desprazamentos sustentables co apoio da innovación tecnolóxica

Resalta que estará dotada de 420 M€ para implantar un centenar de medidas ata 2050 que fomenten unha mobilidade máis “sostible, segura e funcional”

06/05/2024 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aproba a información pública e o anteproxecto para completar a rede de drenaxe da estrada PO-223, no concello de Pontevedra

Define as actuacións para dotar de continuidade os treitos de colector lonxitudinal de drenaxe de augas pluviais da marxe dereita da PO-223, entre os puntos 3+640 e 4+450 

05/05/2024 | 16:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica LU-862 ao seu paso polos concellos de Viveiro e Xove

Tamén continuarán as intervencións en marcha en distintas estradas das provincias de Lugo, de Ourense e de Pontevedra