Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

08/02/2024 | 19:31 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio forestal do concello lugués de Trabada, parroquia homónima

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 190 hectáreas

08/02/2024 | 13:50 | C. do Medio Rural

Activo un incendio forestal no concello lugués de Trabada, parroquia homónima

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

08/02/2024 | 13:27 | C. do Medio Rural

A Xunta promove as agrupacións forestais de xestión conxunta como fórmula ideal para poñer en valor o monte e optimizar o aproveitamento dos seus recursos

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou nunha charla con veciños e membros das comunidades de montes veciñais do concello de Vigo para falar destas figuras incluídas na Lei de recuperación da terra agraria
 

07/02/2024 | 10:41 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Deputación de Ourense asinan un novo protocolo de colaboración para avanzar na prevención de incendios forestais na provincia

O convenio suporá un investimento de 3,8 M€, o que representa case triplicar o importe do acordo anterior, para realizar actuacións conxuntas de mantemento e conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agrofororestal

03/02/2024 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza nos traballos para a posta en marcha do polígono agroforestal de Vilalén-Tomonde, no concello de Cerdedo-Cotobade

O polígono, no que xa se completaron os traballos de roza, abrangue unha superficie de 67,88 hectáreas, distribuídas en 1.534 parcelas dun total de 278 propietarios

02/02/2024 | 17:15 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca o papel do inventario forestal continuo e do mercado voluntario do carbono de Galicia en Portugal

O director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participou na conferencia “Capital Natural – Desafios do Desenvolvimento Sustentável” celebrada na localidade portuguesa de Loulé

02/02/2024 | 11:20 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para a creación de superficies forestais de coníferas e frondosas, dotadas con algo máis de 1,5 millóns de euros

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a orde destas axudas, que terán un prazo de solicitude de 30 días hábiles a partir do próximo luns, 5 de febreiro

01/02/2024 | 19:26 | C. do Medio Rural
01/02/2024 | 16:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Os consorcios provinciais contraincendios e os representantes sindicais dos bombeiros comarcais chegan a un acordo

Desconvocarase a folga e continuarase coa negociación para acadar melloras laborais nos 24 centros de traballo de toda Galicia

31/01/2024 | 13:39 | C. do Medio Rural

A Xunta completa actuacións en 434,05 hectáreas no distrito forestal IX Lugo-Sarria para mellorar as infraestruturas preventivas ante os incendios forestais

As actuacións consistiron na apertura de devasas, así como na roza da caixa e marxe das pistas forestais localizadas nos concellos de Antas de Ulla, Guntín, Portomarín, Monterroso e Friol