Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da área temática Conservación da natureza:

03/05/2023 | 14:04 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda valora a adhesión de Nueva Pescanova á Alianza Galega polo Clima como mostra de que Galicia aposta por un desenvolvemento económico máis verde

Destaca que coa suma da empresa pesqueira alcánzanse as 60 entidades que nun ano adquiriron en Galicia un compromiso firme coa defensa do medio ambiente

02/05/2023 | 13:44 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A tempada de caza en Galicia estenderase con carácter xeral do 15 de outubro deste ano ao 6 de xaneiro de 2024

A Xunta publica a resolución na que se fixan as épocas hábiles para a actividade, os réximes especiais para as diferentes especies e as medidas de control por danos

27/04/2023 | 18:56 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia expón na Unesco as técnicas aplicadas no Xurés para mellorar a súa resiliencia ante o cambio climático co obxectivo de servir de modelo a outras rexións

Sagrario Pérez explica que se seleccionou este parque natural pola súa variedade de flora e fauna e o seu acervo histórico e cultural para convertelo nun laboratorio aberto no que identificar os riscos que afronta e buscar solucións de adaptación

25/04/2023 | 12:04 | C. do Mar

A Xunta enxalza o labor da Asociación Íntegro por combinar a loita contra o lixo mariño coa integración sociolaboral das persoas con diversidade funcional

A iniciativa de economía circular Diversiplás+Diverso–Plástico inclúe accións de asesoramento e visibilización da inclusión social, concienciación ambiental, técnicas de reciclaxe e deseño de produtos

22/04/2023 | 11:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora nun estudo que conclúe que os animais da Illa de Sálvora contribúen á conservación das plantas autóctonas da zona

A investigación confirma que cabalos, cervos e outros herbívoros contribúen á dispersión de sementes das especies vexetais propias do Parque Nacional das Illas Atlánticas

14/04/2023 | 14:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta comproba a boa evolución do proxecto de recuperación dunha planta ameazada en Corrubedo logo da floración dos primeiros exemplares

Ángeles Vázquez pon en valor que esta floración supón un grande avance de cara á recuperación dunha especie que pode considerarse un dos elementos máis carismáticos da biodiversidade do sistema dunar deste espazo natural

03/04/2023 | 16:46 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 80.000 € na mellora dun tramo do río Verdugo no concello de Soutomaior

A actuación prevista na marxe dereita consistirá na eliminación de especies invasoras da ribeira así como na retirada de madeira morta tanto na canle como na zona de dominio público hidráulico

01/04/2023 | 10:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa o trámite de avaliación ambiental da futura depuradora de Salvaterra do Miño no río Mendo

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático informou de forma favorable o proxecto ao non prever efectos significativos sobre o medio ambiente