Actualidade
Buscador de novas
A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de tres estradas autonómicas nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense
Iniciaranse traballos de roza nas autovía Ferrol-Vilalba, na Coruña; e nas estradas LU-533, ao paso polo concellos de Chantada e O Saviñao; e na OU-402, en Castrelo de Miño
A Xunta reduce a burocracia para as máis de 29.000 familias numerosas de Galicia
Unifícanse nun só procedemento os trámites de solicitude, renovación, modificación ou duplicado do Título de Familia Numerosa, do Carné Familiar Galego e do certificado de non nado
A Xunta informa a preto dun cento de concellos sobre o concurso para dixitalizar as redes de abastecemento de augas e anímaos a presentar as súas solicitudes
O procedemento, aberto ata o vindeiro día 29, está dirixido aos municipios de menos de 20.000 habitantes interesados en replicar o modelo de dixitalización das infraestruturas hidráulicas xa instaurado na maioría das depuradoras que xestiona o Augas de Galicia
A consellería de Sanidade e a Federación Down Galicia colaboran para avaliar o envellecemento da poboación con esta síndrome
O convenio de colaboración permitirá desenvolver un programa piloto para probar a eficacia dunha batería de test de avaliación da memoria e das capacidades cognitivas de persoas con síndrome de down e discapacidade intelectual
O Gaiástech abre o prazo para inscribirse nunha xornada de mentorización sobre as saídas laborais dos estudos STEAM
O encontro, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, celebrarase o 27 de setembro
A Xunta de Galicia adxudica as axudas ás galerías de arte para participar en feiras e mercados do sector
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude reforza esta liña de axudas ata 80.000€ para favorecer á proxección exterior dos creadores galegos
A Xunta celebrará a cuarta edición do evento Artesanía no Courel do 7 ao 11 de agosto
O obxectivo deste encontro é promover a formación e a divulgación dos oficios artesanais galegos e da marca Artesanía de Galicia
A Xunta inviste preto de 3 M€ en proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos locais en aldeas modelo
O Diario Oficial de Galicia publicou esta semana a resolución destas axudas, beneficiando a 20 concellos que contan con este instrumento de mobilización incluído na Lei de recuperación da terra agraria
Xosé Merelles salienta a capacidade do Camiño de Santiago para xerar riqueza no rural galego
Participou esta tarde no VI Congreso ‘Os roteiros de peregrinación como impulsores do turismo global’, organizado pola Orde do Camiño de Santiago