Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

24/11/2023 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Vilalba acordan a habilitación dunha nova parada de autobús na rúa Campo de Puente, que substiuirá a actual da estación

Así se abordou na reunión celebrada hoxe entre a xefa territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, María José Nistal, e o subdirector de Infraestruturas da Dirección Xeral de Mobilidade, Juan Vidal, coa alcaldesa, Marta Rouco

23/11/2023 | 17:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade recibe o Premio Ícaro 2023 polo apoio á investigación na enxeñaría para mellorar as respostas ás necesidades dos cidadáns

Vázquez Mourelle sinala como un deber impulsar a investigación e traballar da man dos expertos en cada materia para aplicar o seu coñecemento e darlle sentido desde unha utilidade social

20/11/2023 | 14:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria para o ano 2024 das probas para exercer como xestor de transporte de viaxeiros ou de mercadorías por estrada

Ábrense tres períodos de inscrición: o primeiro desde mañá e ata o 31 de xaneiro, o segundo do 1 de febreiro ao 1 de maio, e o terceiro desde o 2 de maio ao 1 de setembro

20/11/2023 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa as obras de mellora do firme na estrada PO-305 ao seu paso polo concello de Vilagarcía de Arousa

Estes traballos, cun investimento autonómico de preto de 43.000 €, permitirán optimizar as condicións de circulación nun tramo de máis de 1,3 km de lonxitude da vía autonómica

16/11/2023 | 19:43 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a aposta da Xunta polo transporte público con medidas como a gratuidade das liñas interurbanas de autobús para mozos e maiores

Pon en valor que a Xunta inviste cada ano 100 millóns de euros no transporte público autonómico

16/11/2023 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta autoriza a prórroga do convenio do Plan de transporte metropolitano da área de Vigo para os 2 vindeiros anos cun investimento autonómico de 2,4 M€

Rueda asegura que deste xeito garántese a continuidade deste plan social que beneficia a “80.000 veciños” e que permite aforros de “ata 1.000 € ao ano”

Destaca que o Goberno galego continuará asumindo “os descontos do 80 % nos billetes interurbanos, ademais do 100 % dos transbordos” e as bonificacións adicionais aos usuarios recorrentes e membros de familias numerosas

15/11/2023 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o incremento do 8% do transporte público autonómico na provincia de Ourense, impulsado polas bonificacións e a gratuidade para os menores de 21 anos que desde xaneiro se estenderá aos maiores de 65

Vázquez Mourelle subliña que nos 9 primeiros meses do ano o transporte público na provincia sumou 166.000 usuarios máis, cun aumento de ata o 21% nos concellos da área

14/11/2023 | 16:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Economía e Industria

Ethel Vázquez reclama que o Goberno de España complete a renovación das infraestruturas e reforme a xestión dos servizos do ferrocarril galego para que teña futuro

Vázquez Mourelle salienta o carácter fundamental que ten para Galicia o ferrocarril, que é, tamén, motivo de preocupación común por mor da degradación dos servizos

14/11/2023 | 14:51 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por unha transición planificada cara a unha mobilidade eficiente e sustentable

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou na apertura da II Xornada Automoción de Galicia, organizada por Faconauto