Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

23/02/2023 | 16:32 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a nova concentración parcelaria de Melide que reorganizará 1.117 hectáreas e para a que se prevé un investimento de máis de 3,3 M€

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural explicou hoxe na localidade coruñesa as particularidades da parcelaria de Baltar-Golán-Grobas, que beneficiará 335 veciños

23/02/2023 | 14:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

Gabriel Alén lembra as axudas da Consellería do Medio Rural para proxectos de investimento en actividades non agrícolas

O delegado territorial recordou que o prazo de solicitude das subvencións para proxectos de investimento en actividades non agrícolas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural está aberto ata o 28 de febreiro

22/02/2023 | 13:54 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que Galicia gañou preto de 2.000 habitantes no ano 2022 grazas ao saldo migratorio

Os datos do primeiro semestre do ano 2022 publicados polo Instituto Nacional de Estatística sinalan que a nosa Comunidade gañou en poboación grazas a un saldo migratorio positivo

15/02/2023 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que no verán de 2024 os veciños e escolares de Santo André de Xeve, en Pontevedra, verán transformada a mobilidade e a seguridade tras a mellora viaria na que a Xunta inviste máis de 2 M€

Vázquez Mourelle destaca o obxectivo de enlazar os núcleos do Couso e Sobral promovendo unha contorna escolar máis segura, ao tempo que se facilitan os desprazamentos dos veciños unindo os principais equipamentos da zona: o polígono empresarial, o colexio e a parroquia

15/02/2023 | 13:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta valora o compromiso do Concello de Boimorto coa protección da paisaxe coa rehabilitación da fachada da residencia da terceira idade da localidade

Estas actuacións foron financiadas con preto de 20.000 euros, ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos

13/02/2023 | 14:30 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a consulta pública de cara á implementación de tres novas zonas de concentración parcelaria en Agolada

Inés Santé informou na xuntanza sobre o inicio da tramitación para a avaliación previa das zonas de Agra-O Sexo-Val de Sangorza, A Baíña-Berredo-Órrea e Basadre-Eidián-Ramil, con arredor de 1.500 hectáreas implicadas en cada un dos casos

10/02/2023 | 15:09 | C. do Medio Rural

A Xunta executou desde 2020 arredor de 1.200 hectáreas dentro do Plan de pastos de Galicia cun investimento de case 5 M€

O titular de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, avanzou que está previsto rematar a finais deste ano outras 308 hectáreas, sumando outros 2 millóns de euros máis ao orzamento destinado a esta finalidade

10/02/2023 | 12:49 | C. do Medio Rural

A Xunta reunirase o vindeiro luns con veciños de Agolada de cara á implementación de novas concentracións parcelarias no municipio

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural desprazarase á localidade pontevedresa para manter un encontro con interesados nesta fórmula de reestruturación que permite ampliar a base territorial das explotacións

09/02/2023 | 17:57 | C. do Medio Rural

A Xunta e os Concellos de Mondoñedo e Riotorto avanzan na mellora de infraestruturas como a nova base de unidade operativa e vías entre ambos municipios

Na xuntanza confirmouse que se está a tramitar a preceptiva licenza de obras para o novo BUO de Mondoñedo, no que se investirán uns 400.000 euros e cuxa estrutura se realizará con madeira galega no marco da reformulación dos puntos de encontro das brigadas de incendios para acoller tamén outros traballadores do Servizo

09/02/2023 | 17:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece preto de 900.000 m2 de solo urbanizado a prezos bonificados en 37 parques empresariais de toda Galicia

As empresas interesadas nestas 380 parcelas poderán beneficiarse de descontos sobre o prezo de venda estimados en máis de 34,8 M€