Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 236 novas da área temática Lingua:

20/10/2023 | 20:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O profesor Fernando Castro Paredes recibe o XXXV Premio García Barros co que colabora a Xunta

O galardón está dotado con 9.000 euros e a publicación por parte da Editorial Galaxia da novela gañadora, titulada ‘Entomoloxía para misioneiros’

10/10/2023 | 12:58 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
09/10/2023 | 14:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Real Academia Galega lanzan a sexta edición do Programa de Recompilación de Topónimos logo de recuperar xa preto de 70.000

Chegará agora a Friol, Becerreá, Vila de Cruces, Tui, Trasmiras, Padrón, Amoeiro, A Pobra de Brollón, Dumbría, Maceda, Ponte Caldelas e Narón entre outubro e decembro

02/10/2023 | 18:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fillas de Cassandra recollerá o premio á Mellor Música do Ano 2022 en Galicia na oitava edición da gala aRi[t]mar

Tamén recibirán os seus respectivos galardóns, na categoría musical, o grupo Retimbrar e, na categoría de poesía, Arancha Nogueira e María Isabel Fidalgo

29/09/2023 | 17:45 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O enxeñeiro Francisco Fernández Dávila gaña o XVII Premio de Narrativa Breve Repsol co que colabora a Xunta

O xurado, en cuxa reunión estivo o secretario xeral de Política Lingüística, recoñece a súa novela ‘Groenlandia’ como un “mosaico literario de perfecto encaixe construído a través da intriga, de humor e unha pasarela de personaxes que, sen seren de ningures, sempre ficarán engaiolados nas illas Azores”

29/09/2023 | 16:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o día da tradución cun recital multilingüe do poema A cabeleira, o texto galego traducido a máis idiomas do mundo

Da autoría do poeta lucense Claudio Rodríguez Fer, publicouse en 1995 en catro idiomas e reeditouse ao longo dos anos en 35, 60 e, finalmente, 70 linguas diferentes

28/09/2023 | 14:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta creará o Observatorio da Lusofonía Valentín Paz Andrade para reforzar os lazos entre Galicia e o mundo lusófono

Rueda destaca que asesorará ao Goberno galego en todas as medidas neste eido e actuará como foro de diálogo permanente entre as administracións e as entidades públicas ou privadas interesadas en fortalecer os vínculos coa lusofonía

26/09/2023 | 18:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e o IES Arcebispo Xelmírez I celebran o Día Europeo das Linguas cun recitado multilingüe

O secretario xeral de Política Lingüística participa nesta lectura de poemas en distintos idiomas por parte do alumnado do instituto compostelán

25/09/2023 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta presenta un dicionario bilingüe galego-italiano en liña co gallo do día europeo das linguas

Pioneiro no seu campo, está realizado polo Centro Ramón Piñeiro coa catedrática emérita da USC, Isabel González

21/09/2023 | 16:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia reúne preto dun cento de voces expertas en toponimia na VI xornada da comisión especializada de nomes xeográficos

O evento ten como nexo argumental a estreita relación existente entre os nomes xeográficos e o mundo dixital