Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

22/05/2024 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para executar unha nova senda peonil na parroquia de Budiño, no Porriño

Este itinerario na PO-510 suporá un investimento de máis de 250.000 € e reforzará a seguridade e a mobilidade dos peóns no treito desta estrada, na zona da Vaquería

22/05/2024 | 12:37 | C. de Política Social e Igualdade
21/05/2024 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para executar as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña

Con esta intervención, licitada por máis de 2 M€, acondicionarase o firme en varios treitos das estradas AC-136, AC-221, AC-230, AC-542 e AC-934, que discorren polos concellos de Oza-Cesuras, Curtis, Oleiros, Sada, Cambre, Sobrado, Betanzos e Abegondo

20/05/2024 | 15:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda destaca que a Xunta investirá máis de 23,5 M€ para reforzar a seguridade viaria en 130 treitos ao longo de máis de 500 quilómetros de estradas autonómicas

O Consello da Xunta autorizou a Estratexia de actuación en treitos de concentración de accidentes e treitos de alto potencial de mellora para o período 2024-2027 que contará cun 62% máis de orzamento que a anterior

16/05/2024 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas para executar dúas obras de drenaxe transversal nas estradas PO-542 e PO-313 en Pontevedra e Marín, cun investimento de máis de 293.000 €

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé iniciar no verán estas actuacións que contan cun prazo de execución de 4 meses

16/05/2024 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme nas estradas AC-414 e AC-400 no concello de Carballo, que suporán un investimento de 763.000 €

Os traballos están a comezar na estrada AC-414, na que se actuará sobre 3,6 quilómetros de lonxitude renovando toda a capa de rodaxe

15/05/2024 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta insta ao goberno a rematar coa discriminación a Galicia e transferir a AP-9 para garantir unha xestión eficiente

Martínez Allegue lembra que a Xunta leva 14 anos reclamando esta transferencia, aprobando o Parlamento por cuarta vez unha Proposición de Lei para esixir o traspaso

15/05/2024 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca en xuño e xullo os actos expropiatorios para executar as obras de mellora da seguridade viaria da PO-531 en Campañó, no Concello de Pontevedra

Esta actuación suporá un investimento autonómico de preto de 975.000 euros e contribuirá á mellora de seguridade, especialmente para os peóns, no tramo entre a PO-310 e a vía de alta capacidade VG-4.8

14/05/2024 | 17:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a convocatoria en maio, xuño e xullo dos titulares dos terreos necesarios para executar as obras da mellora da capacidade e seguridade da LU-540 entre Viveiro e Cabreiros

O levantamento das actas previas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto terá lugar os días 28 e 29 de maio en Viveiro; o 30 de maio en Ourol; o 4 de xuño en Muras e o 5 de xuño en Xermade