Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licitará este ano o instrumento de ordenación que permitirá dotar a Cabana de Bergantiños do seu primeiro parque empresarial
Ángeles Vázquez explica que o futuro polígono, cunha superficie de case 271.000 m2, está previsto na segunda modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresarias de Galicia, que se aprobará definitivamente antes de que remate 2023
A Xunta avoga por unha transición gradual da industria da automoción europea
O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, participa en Navarra na conferencia anual da Alianza das Rexións con Industrias da Automoción (ARA)
Trenor informa aos representantes da factoría Stolt Sea Farm de Camariñas a renovación da súa concesión ata o 2031 prorrogable ata o 2071
Esta empresa conta con 32 traballadores todos naturais e residentes de Camariñas e Carnota e produce unha media de 1.200 toneladas ao ano de rodaballo e linguado
Lorenzana traslada o compromiso da Xunta de Galicia cos traballadores da mina de Penouta e co sector mineiro galego
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo esta mañá unha reunión coa directiva de Strategic Minerals, empresa mineira canadense responsable da explotación deste xacemento emprazado en Viana do Bolo
A Xunta participa en catro proxectos europeos vencellados á transformación dixital da industria da Eurorrexión, economía circular e sector aeroespacial
A Axencia Galega de Innovación vén de captar estas novas iniciativas europeas dentro do programa de cooperación transfronteiriza Interreg España-Portugal 21-27, dotados cun orzamento de 5,5 millóns de euros
Lorenzana solicita a Endesa que garanta a totalidade dos postos de traballo da empresa auxiliar en As Pontes no seu plan de pre-desmantelamento e desmantelamento da central
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, presidiu esta tarde unha nova reunión da Mesa para o impulso da actividade económica das Pontes, na que Endesa trasladou as súas previsións
Lorenzana pon en valor o esforzo do tecido empresarial por comercializar produtos e servizos no mercado internacional
Apunta que un dos obxectivos da Xunta de Galicia é impulsar a internacionalización da economía galega e que pemes, autónomos e establecementos comerciais teñan acceso a novas canles e destinos de comercialización
Lorenzana destaca que o centro de investigación Emobility de Borgwarner posiciona a Galicia na carreira por liderar a mobilidade eléctrica do futuro
A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na presentación desta infraestrutura, que suporá un investimento de 20 millóns de euros e que contará cun apoio da Xunta de 5 millóns de euros
Rueda anuncia que a ampliación nun millón de metros cadrados na Plisan se aprobará o vindeiro mes de novembro
O complexo loxístico, impulsado pola Xunta, Autoridade Portuaria de Vigo e Consorcio Zona Franca, aumentará a súa superficie ata superar os 4 millóns de m2
A UMI formada polo ITG e a empresa Star Defence Logistics & Engeneering reforza o posicionamento internacional do Polo Aeroespacial de Galicia
Presentáronse hoxe na Cidade das TIC os resultados desta Unidade Mixta de Investigación (UMI) Fastfly, que recibiu un apoio da Xunta de Galicia de máis dun millón de euros no período 2017-2023, co financiamento da Unión Europea a través de fondos Feder