Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.690 novas da área temática Cultura:

20/06/2024 | 18:15 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta e a Fundación Repsol fomentan a literatura galega coa XVIII edición do Premio Narrativa Breve

Este galardón inclúe a publicación da novela coa Editorial Galaxia e unha contía económica de 12.000 euros

20/06/2024 | 14:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta financia con máis de 130.000 euros a actividade de sete salas de cinema que suman 20 pantallas en seis localidades

Publícase a concesión da liña de subvencións destinada á modernización e xestión sostible destes espazos, á creación e fidelización de públicos e ao desenvolvemento dunha programación diversa e inclusiva

19/06/2024 | 21:00 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Rueda subliña a importancia de preservar o patrimonio cultural para difundir o valor do Camiño de Santiago e a historia de Galicia

Salienta a importancia de compartir a exposición cunha comunidade coma Castela e León que conta, ao igual que Galicia, “cun patrimonio, unha riqueza e unha historia” vencellada a ruta xacobea

19/06/2024 | 17:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Xunta e RAG incorporan 8.000 topónimos de Dumbría á plataforma Galicia Nomeada

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, agradece a doazón realizada por  Modesto García Quintáns e destaca a importancia do seu traballo para “fortalecer a identidade e o sentido de pertenza de toda Galicia”

19/06/2024 | 15:37 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos reitera o valor cultural e patrimonial da Rapa das Bestas que está en proceso para ser BIC

Recorda que a celebración xa é considerada de Interese Turístico Nacional e Internacional e que se trata dunha “tradición sobranceira que forma parte da memoria colectiva de Galicia”

19/06/2024 | 15:23 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Salón Teatro acollerá a estrea absoluta de ‘Dique’, a nova coprodución da Xunta e Nova Galega de Danza

A última proposta da compañía recupera a historia esquecida das máis de 200 mulleres que traballaron na construción do Dique da Campá de Ferrol entre 1874 e 1879, a través dun diálogo entre danza a contemporánea e a tradicional

19/06/2024 | 15:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; A Presidencia da Xunta

A Xunta prevé investir 413.000 euros en corrixir a entrada de humidades na cabeceira da catedral de Lugo

A Delegación Territorial acolleu hoxe unha xuntanza entre responsables do Goberno autonómico e do Concello porque será preciso actuar sobre espazos públicos e canalizacións para as obras de drenaxe

18/06/2024 | 15:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora coa fundación SGAE na celebración dun Día Europeo da Música con acento galego

Carolina Rubirosa, Gargantúa, De Vacas, Carlos Ares e o DJ set de Abraham Boba son as propostas escollidas para representar a diversidade musical do país na xornada festivaleira que terá lugar o vindeiro 21 de xuño

18/06/2024 | 15:12 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Congreso Internacional Mundos Digitales volve situar Galicia no epicentro da animación e os efectos visuais co patrocinio da Xunta

Celébrase na Coruña do 4 ao 6 de xullo co foco posto nas aplicacións da Intelixencia Artificial e na chegada das producións virtuais en tempo real ao sector da radiodifusión