Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da área temática Conservación da natureza:

21/06/2023 | 14:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por celebrar a noite de San Xoán de xeito sostible e respectuoso co medio ambiente

Ángeles Vázquez fai un chamamento para manter as praias limpas de residuos e tamén para ser respectuosos coa preservación dos valores naturais dos areais

16/06/2023 | 15:40 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta premia a un instituto lucense e a tres colexios ourensáns como gañadores da cuarta edición do concurso Pilabot

Sagrario Pérez destaca o gran interese que espertou esta edición, xa que as 150 prazas dispoñibles para participar foron cubertas antes da data límite de inscrición

10/06/2023 | 13:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta constata avances na consolidación e crecemento das poboacións de sapoconcho europeo no Parque natural de Corrubedo

Ángeles Vázquez subliña que os datos recompilados no marco deste proxecto confirman a “boa saúde” destes réptiles na zona e pon en valor a importancia dos exemplares existentes en Ribeira para garantir a conservación da especie en Galicia

04/06/2023 | 10:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora nunha xornada de limpeza dos fondos mariños da illa de Sálvora

Esta actuación realízase ao abeiro das subvencións da área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

03/06/2023 | 12:26 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora na sétima edición da xornada de recollida de lixo 1m2 contra a basuraleza

A recollida colaborativa de residuos organizada co gallo do Día mundial do medio ambiente ten como obxectivo reducir a presenza de residuos na natureza e concienciar á poboación sobre a importancia da reciclaxe

01/06/2023 | 17:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta forma a persoal e representantes municipais de 15 concellos galegos para garantir a reprodución e coidado das súas poboacións de píllara

Belén do Campo lembra que o ano pasado se constatou o nacemento de máis de 180 exemplares en toda a Comunidade, dos cales 41 foron resultado do programa de cría en catividade desenvolvido nos centros de recuperación de fauna de Cotobade e Oleiros

01/06/2023 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon ao Xeoparque Montañas do Courel como exemplo da aposta pola educación ambiental para sumar ás novas xeracións ao coidado da contorna

Belén do Campo subliña a estreita colaboración da Xunta co órgano xestor deste espazo natural, que tamén está recoñecido como Zona de especial conservación Ancares-Courel e forma parte da Reserva de biosfera Ribeira Sacra e serras do Oribio e Courel

24/05/2023 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a súa aposta pola regulación dos parques naturais galegos e subliña o fito de que todos conten xa cun plan propio de uso e xestión

Ángeles Vázquez lembra que coa aprobación do instrumento regulador das Fragas do Eume o pasado marzo dáse por rematado o proceso iniciado pola Xunta en 2019

16/05/2023 | 15:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta valora a colaboración da asociación ambiental Amabul en tarefas de concienciación e erradicación da flora exótica invasora

Do Campo salienta que máis de 2.200 escolares de nove centros educativos das catro provincias participaron en actividades de divulgación ambiental sobre esta problemática

06/05/2023 | 10:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Máis de 440 escolares de infantil e primaria visitarán este mes as Illas Atlánticas grazas ao concurso educativo da Xunta O Parque Nacional coa escola

No certame participaron un total de 2247 persoas, entre alumnado e profesorado, pertencentes a 26 colexios de Vigo, Bueu, Vilagarcía, Ribeira, Cangas e Sanxenxo