Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

24/04/2024 | 12:33 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza que os pagos polos ecorréximes da PAC cubrirán en Galicia preto de 23.000 solicitudes cun importe de 15 M€ que se aboará no prazo establecido

A conselleira do Medio Rural explicou que pediron estas achegas case o 67 % dos solicitantes galegos da PAC e que os pagamentos supoñen arredor do 7 % dos importes totais da Política Agraria Común na nosa comunidade

24/04/2024 | 12:20 | C. do Medio Rural

A Xunta amosa a representantes de Portugal os instrumentos de recuperación de terras do concello de Riós, no marco do proxecto europeo “Paisactivo”

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou hoxe nunha xornada para dar a coñecer a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as ferramentas recollidas nela

24/04/2024 | 11:49 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 600.000 € para que as organizacións profesionais e asociacións agrarias poidan desenvolver as súas actividades

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas achegas da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

23/04/2024 | 10:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa o emprego rural mediante o apoio á contratación de máis de 400 persoas desempregadas nos concellos galegos

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a notificar a resolución da orde Aprol Rural á que se destinan este ano sete millóns de euros para dinamizar o emprego de proximidade e mellorar as oportunidades de persoas desocupadas

19/04/2024 | 13:19 | C. do Medio Rural

A Xunta reitera ao Goberno as necesidades do sector agrogandeiro galego nun primeiro encontro bilateral da conselleira do Medio Rural co ministro

A conselleira trasladou as principais preocupacións dos agricultores e gandeiros galegos sobre asuntos como a necesidade de reducir a burocracia, adaptar a PAC á realidade da nosa comunidade e afondar na sanidade animal

18/04/2024 | 18:00 | C. do Medio Rural

A Xunta e a Fegamp apostan por seguir avanzando na colaboración institucional para reforzar a loita “planificada e conxunta” fronte á velutina

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, afirmou que a loita contra esta especie “é cousa de todos” e avogou por “seguir potenciando a coordinación entre todos os sectores implicados”