Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

13/03/2023 | 16:05 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda ratifica a aposta de Galicia polas infraestruturas do norte peninsular para sumar competitividade tanto no transporte de mercadorías como do hidróxeno verde

Avoga por potenciar as comunicacións ferroviarias entre as Comunidades autónomas do norte para colocarse na primeira liña de saída perante os retos que se presentan a través dos Next Generation e as enerxías renovables

13/03/2023 | 15:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga por un urbanismo responsable para garantir o equilibrio entre o urbano e o rural

Encarnación Rivas subliña que Galicia traballa na construción dun modelo que consolide os núcleos intermedios como elementos de equilibrio, tal e como establecen as Directrices de Ordenación do Territorio

12/03/2023 | 11:07 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a consulta pública de cara á implementación de dúas novas zonas de concentración parcelaria no concello do Pino

Esta actuación supón o inicio da tramitación para a avaliación previa das zonas de Arca II e de Montes de San Miguel de Pereira, con 837 hectáreas e 349 ha respectivamente

07/03/2023 | 20:03 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé reorganizar coa nova concentración parcelaria de San Miguel de Valga 125 hectáreas de superficie

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural explicou hoxe as características deste proceso, que beneficiará 322 veciños e unhas 50 explotacións agropecuarias a través dun investimento de máis de medio millón de euros

03/03/2023 | 11:10 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca as axudas para o Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024 cun orzamento de case 18 M€

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a nova convocatoria destas achegas da Consellería do Medio Rural, a cal conta co orzamento máis alto dende o ano 2017

01/03/2023 | 13:06 | C. do Mar

Galicia reforza a súa capacidade de predecir eventos mariños extremos e actuar ante calquera emerxencia

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño e MeteoGalicia participan no proxecto europeo MyCoast co obxectivo de mellorar a capacidade de xestión de riscos no Espazo Atlántico e o sistema de resposta ante posibles incidencias costeiras

28/02/2023 | 15:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ultima o anteproxecto de lei de ordenación do litoral de Galicia coa tramitación de todas as alegacións recibidas

Ángeles Vázquez salienta o esforzo do Goberno galego para que esta nova lei sexa o máis consensuada e participada posible

26/02/2023 | 12:25 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca en Riós o potencial das axudas a proxectos de creación, mellora e ampliación de servizos básicos en aldeas modelo ou nas zonas de polígonos agroforestais

José González lembrou que a convocatoria de 2023 está dotada con algo máis de dous millóns de euros e que o prazo de solicitudes aínda está aberto

25/02/2023 | 16:49 | C. do Medio Rural

A Xunta reorganizará preto de 2.050 hectáreas a través da concentración parcelaria de Freixeiro en Santa Comba, na que ten previsto investir máis de 6 M€

Este proceso beneficiará 706 veciños e permitirá ampliar a base territorial de 87 explotacións da zona decretada

24/02/2023 | 13:44 | C. do Medio Rural

A Xunta reorganizará unha superficie dunhas 2.450 hectáreas no concello de Outeiro de Rei, a través de dúas novas concentracións parcelarias

Estes procesos, o de San Fiz de Paz e o de Arcos-Sobrada de Aguiar-San Lourenzo de Aguiar, beneficiarán 833 veciños e permitirán ampliar a base territorial de 125 explotacións das zonas decretadas, cun orzamento previsto de 7,3 millóns de euros