Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

29/05/2024 | 16:27 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste máis de 140.000 euros en mellorar a conectividade do rural da Estrada co núcleo urbano

Os 140.000 euros de investimento autonómico permitiron asfaltar unha estrada que pasa polos lugares de Sorribas, O Tallo, Vinseiro e Vis de Baixetes

29/05/2024 | 14:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo traslada ao alcalde de Carballo o seu compromiso de traballar cos técnicos municipais as condicións para renovar o firme e calmar o tráfico na estrada AC-414 en Xoane e Cances

A delegada mantivo un encontro co rexedor para avaliar posibles vías de colaboración a través do apoio desde a Xunta para a  execución dos seus proxectos e a mellora dos servizos aos seus veciños

29/05/2024 | 11:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na intersección da estrada autonómica PO-255 en Covelo

A actuación conta cun investimento de preto de 220.000 € e permitirá darlle máis visibilidade aos vehículos nos xiros á esquerda

27/05/2024 | 12:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellora a accesibilidade do CEP Pedro Caselles Beltrán coa instalación dun ascensor

A obra contou cun orzamento de preto de 90.000 euros e supuxo unha mellora na independencia de varios alumnos con problemas de mobilidade

24/05/2024 | 15:19 | C. do Medio Rural

O delegado territorial en Pontevedra visita o resultado das obras de mellora do camiño Do Pazo a Coirón financiadas polo plan marco da Consellería do Medio Rural

Os 50.000 euros de investimento autonómico permitiron mellorar a seguridade viaria e a comodidade dun tramo de 640 metros que pasa polos lugares de Pazos e Vilaxuega

23/05/2024 | 20:08 | A Presidencia da Xunta

Rueda ratifica co Goberno portugués a prioridade da conexión de alta velocidade Lisboa-Porto-Vigo para o país luso

O presidente autonómico salienta a importancia do nexo de Galicia co Norte do Portugal

23/05/2024 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe once ofertas para as obras da mellora do firme en dúas estradas autonómicas da provincia de Lugo ao seu paso por Monterroso, Taboada e Palas de Rei

A actuación prevé intervencións ao longo dos arredor de 20 km de lonxitude que suman as dúas estradas que conforman o eixe de comunicación destes tres municipios, realizando reforzos localizados e puntuais do pavimento

23/05/2024 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 3,7 M€ as obras de renovación extraordinaria do firme da autovía Dozón-Ourense, entre o enlace de Cea e a A-52

O contrato asinarase nas vindeiras semanas e os traballos comezarán previsiblemente no próximo mes de xullo

23/05/2024 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora de 64 paradas de autobús en estradas autonómicas das comarcas de Santiago, Fisterra, Terra de Soneira e Xallas

Os traballos, que se desenvolverán en paradas das rutas de acceso polo noroeste á cidade de Santiago, iniciarónse esta semana en Bustelo (Dumbría) na AC-552 e nos vindeiros días continuarán de xeito paralelo na parada situada na estrada AC-300 en Perros (Brión) 

22/05/2024 | 17:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 602 M€ este ano ao apoio aos concellos a través de distintas liñas de axuda

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, deu conta no Parlamento dos resultados das medidas específicas do seu departamento, que impulsaron o pasado ano máis de 600 proxectos municipais cun investimento de 27,2M€