Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 342 novas da área temática Industria:

20/11/2023 | 20:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta expón en Valencia a súa experiencia en compra pública de innovación, na que leva investido máis de 320 M€ desde 2010

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá no V Foro Iberoamericano de CPI e Innovación Aberta

20/11/2023 | 14:55 | C. de Economía e Industria

Lorenzana aborda coa alcaldesa de Boimorto vías de colaboración para atraer empresas cara ao municipio

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo un encontro coa rexedora de Boimorto, María Jesús Novo, no que se puxo de manifesto a aposta da Xunta pola captación de investimentos e tecido industrial

20/11/2023 | 12:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A futura planta de hidróxeno do porto exterior da Coruña recibe informe ambiental favorable da Xunta

As instalacións ocuparán unha superficie de 3.000 m2 na explanada sur de Langosteira e terán unha capacidade máxima de produción de 1 MW, que se destinará á mobilidade

19/11/2023 | 10:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por máis de 290.000 euros a redacción do plan de creación do parque empresarial de Louredo, entre Mos e Redondela

O plan pretende ordenar unha superficie de preto de 480.000 metros cadrados e poñela posteriormente a disposición do tecido empresarial

18/11/2023 | 17:05 | C. de Economía e Industria

Lorenzana define a sociedade Recursos de Galicia como peza clave na estratexia industrial da Xunta

Asegura que a política industrial do Goberno galego prioriza a planificación, a sustentabilidade e o impulso a novos vectores enerxéticos

17/11/2023 | 22:32 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta da Xunta por abrir as portas ao capital investidor que mobiliza a transición enerxética

Ratifica que a Administración autonómica traballa por xerar un clima favorable para a actividade empresarial para que a economía galega siga crecendo, xerando emprego de calidade e captando novos proxectos

17/11/2023 | 12:50 | C. de Economía e Industria

Xunta e DIHGIGAL formalizan o convenio para a elaboración do mapa industrial de Galicia

Trátase dunha ferramenta prevista no Proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas para coñecer a realidade da industria galega e definir medidas de intervención

14/11/2023 | 17:02 | A Presidencia da Xunta
10/11/2023 | 15:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
10/11/2023 | 15:23 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda aposta por simplificar trámites, asesorar e apoiar con financiamento ás empresas para consolidar Galicia á vangarda económica de España

Pon en valor medidas como a nova Oficina Económica de Galicia, que será unha canle única de interlocución coas empresas para prestarlles asesoramento técnico e personalizado