Actualidade
Buscador de novas
O DOG convoca as probas físicas e de agudeza visual para os integrantes de determinadas categorías e escalas do servizo de prevención de incendios da Xunta
Na resolución que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia explícanse todos os detalles sobre datas, horarios e requisitos que deben cumprir os aspirantes
A Xunta destinou 290.000 € na construción de catro novos puntos de auga na provincia de Ourense, para a prevención e defensa contra os incendios forestais
As actuacións, rematadas a finais de 2023, leváronse a cabo nos distritos forestais XI (O Ribeiro-Arnoia), en Avión e San Cristovo de Cea; XII (Miño-Arnoia), en Nogueira de Ramuín; e XIV (Verín-Viana), en Verín
A Xunta e a Deputación de Pontevedra asinan un convenio, dotado con 600.000 euros, para avanzar na prevención de incendios forestais na provincia
O orzamento deste protocolo anual de colaboración será aportado a partes iguais polas administracións asinantes, para realizar actuacións conxuntas dirixidas á conservación das infraestruturas preventivas e da contorna agroforestal
O DOG publica a declaración de utilidade pública do polígono agroforestal de Xesto, no concello do Saviñao, para poñer en valor 95,94 hectáreas
O Diario Oficial de Galicia publica o correspondente decreto da Consellería do Medio Rural para desenvolver este polígono agroforestal
A Xunta pon en valor o emprego da madeira na construción na III edición da xornada En madeira, outra forma de construír
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, participaron en diferentes relatorios nos que se salientaron as vantaxes deste material con respecto a outros
O alumnado do Master Interuniversitario en incendios forestais coñece o funcionamento do centro integral de loita contra o lume de Toén
Os alumnos puideron visitar as instalacións deste novo centro administrativo, onde recibiron unha charla formativa sobre medios aéreos, para posteriormente desprazarse ata a base de helicópteros da Merca
A Xunta colaborará na recuperación e rehabilitación de Pena Corneira para poñer de relevo o seu valor patrimonial
O Goberno autonómico destinará un orzamento de 42.350 euros para, en colaboración co Concello de Leiro, realizar actuacións encamiñadas á procura da rehabilitación socio-cultural desta zona e poñer en valor a súa contorna
A Xunta recoñece tres proxectos presentados no IV Foro de Innovación pola súa importancia para os sectores gandeiro, alimentario e forestal
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, entregou as mencións especiais a tres proxectos presentados no foro o pasado 2 de febreiro, pola súa relevancia, calidade e aplicabilidade