Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 367 novas da área temática Emerxencias:

20/02/2024 | 10:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca 17 cursos de formación continua para persoal dos servizos de emerxencias

A Academia Galega de Seguridade Pública impartirá as accións formativas, dirixidas aos servizos de extinción de incendios e salvamento, os Grupos de Emerxencias Supramunicipais e os servizos municipais de Protección Civil

16/02/2024 | 11:50 | C. do Medio Rural

A Xunta dará formación específica a 150 profesionais do seu servizo contra incendios sobre o manexo dos equipos multifunción Batracio

Será a través de seis cursos -un dos cales xa tivo lugar- que se desenvolverán na nave de Botos (Lalín), utilizada como taller mecanizado centralizado e centro loxístico para o parque móbil da Dirección Xeral de Defensa do Monte

12/02/2024 | 10:12 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 81 persoas por 59 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 9 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 11 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico

10/02/2024 | 11:16 | C. do Medio Rural

A Xunta define a nave de Medio Rural en Botos, no concello de Lalín, como unha instalación estratéxica para a prevención e extinción de incendios forestais

O conselleiro salientou que se atopan nunha localización estratéxica, xunto á entrada da autopista e a autovía autonómica de conexión con Ourense e o resto da provincia

09/02/2024 | 13:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O 112 Galicia presenta unha curtametraxe documental para homenaxear o seu persoal xestor no marco das actividades do Día Europeo do número de Emerxencias

O xerente da Axencia Galega de Emerxencias participou nun acto no que se puxo en valor a labor dos traballadores e traballadoras
 

09/02/2024 | 13:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa para mañá por temporal costeiro en todo o litoral galego

O fenómeno adverso estará activo desde o mediodía por ventos do oeste ou noroeste de ata forza 7 e mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros

07/02/2024 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro, vento e choivas

O fenómeno adverso por temporal costeiro afectará ás provincias da Coruña e Pontevedra por ventos do suroeste de forza 8 e mar combinada do suroeste con ondas de ata 7 metros

06/02/2024 | 10:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública nove cursos para persoal das agrupacións de voluntarios de Protección Civil

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria das accións formativas básicas, que suman 260 prazas e se desenvolverán de xeito descentralizado en distintos concellos de Galicia

24/01/2024 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda coas agrupacións provinciais de voluntarios de Protección Civil as súas necesidades de equipamento e formación

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou no encontro no que se trataron os cursos aos que teñen que acceso a través do plan de formación continua da Academia Galega de Seguridade Pública

21/01/2024 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa para mañá a alerta laranxa en todo o litoral galego por temporal costeiro

A situación no mar empeorará xa ao longo da xornada de hoxe e provocará mañá mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros, chegando a 7 metros entre Ortegal e Bares