Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da área temática Conservación da natureza:

11/08/2023 | 11:33 | C. de Sanidade

A Rede Galega de Praias Sen Fume conta xa con 224 areais libres de tabaco, tras incluír 10 máis

Un total de 80 municipios colaboran con este programa que reforza o respecto e coidado das praias e do medio ambiente

08/08/2023 | 12:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A policía autonómica e gardacostas comisan 59 quilos de ameixa en Ferrol

É o resultado dun operativo contra o furtivismo na zona da Graña o pasado 3 de agosto

02/08/2023 | 13:50 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Parque Nacional das illas Atlánticas ofrece visitas virtuais para coñecer a flora e a fauna dos fondos mariños deste espazo natural

Ángeles Vázquez salienta que durante os primeiros sete meses de 2023 visitaron este parque máis de 272.000 persoas -un 5% máis que en 2022-, das que preto de 190.000 elixiron as illas Cíes –un 4,5% máis que o ano anterior

31/07/2023 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Alianza polo Clima promovida pola Xunta suma o apoio de Anfaco-Cecopesca para seguir creando sinerxías na loita contra o quecemento global

Ángeles Vázquez salienta a relevancia de que esta entidade se incorpore a esta iniciativa dada a súa relevancia como axente dinamizador do complexo mar-industria

27/07/2023 | 11:27 | C. do Mar

As tartarugas Ferdylan, Geno e Cicliña volven ao seu medio natural trala súa recuperación no Instituto Galego de Formación en Acuicultura

Foron embarcadas nos últimos días no porto de Vilaxoán para a súa posterior liberación e regreso ás augas do Caribe tras pasar varios meses no centro dependente da Xunta baixo a supervisión da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

20/07/2023 | 15:57 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a participación pública o Plan de xestión do monumento natural A Carballa da Rocha

Todas as persoas interesadas poden enviar as súas alegacións ou suxestións preferentemente por correo electrónico ou a través do formulario habilitado a tal fin desde hoxe ata o vindeiro 21 de agosto

15/07/2023 | 11:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora nunha experiencia interactiva para explorar o fondo mariño do Parque Nacional das Illas Atlánticas grazas á realidade virtual

A actividade O mar en 360º, de carácter gratuíto e que require de inscrición previa o mesmo día da visita no propio arquipélago, comeza hoxe na Illa de Sálvora

03/07/2023 | 14:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta activa a aplicación web para controlar o acceso ao illote do Areoso

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde reguladora de usos públicos e actividades permitidas neste espazo natural, que entrará en vigor mañá, martes, 4 de xullo

25/06/2023 | 13:03 | C. do Medio Rural; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta estuda a recuperación do Castelo de Pena Corneira en Leiro para consolidar a conservación deste monumento natural

A Consellería do Medio Rural levará a cabo as primeiras actuacións para o estudo da escavación que recuperaría este castelo, que xa a realizaría posteriormente a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades