Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reorganizará nun só edificio os dous órganos xudiciais do concello da Estrada
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, reuníronse esta mañá co alcalde José López e o arquitecto encargado de elaborar o proxecto das obras que a Xunta prevé licitar a finais de maio
A Xunta asegura que o investimento na Cidade da Xustiza buscou sempre garantir a seguridade das persoas e o bo funcionamento das instalacións xudiciais
A secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz, interveu no Parlamento para responder unha pregunta sobre as obras de adaptación no proxecto do novo edificio xudicial
A Policía Autonómica comisa máis de 6 quilos de percebe na Coruña
Os axentes tramitaron dúas denuncias por presunta infracción da Lei de Pesca de Galicia, no marco dun operativo desenvolvido na zona da Torre de Hércules
A Xunta abre hoxe prazo de presentación de solicitudes ao recoñecemento do grao II da traxectoria profesional para xestores procesuais e administrativos e médicos forenses
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o próximo 22 de febreiro
A Xunta avalía cos colexios de avogados, graduados sociais e procuradores os espazos asignados a estes organismos na Cidade da Xustiza
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, mantivo hoxe unha reunión con representantes na cidade destes colexios profesionais e anunciou que se segue a cumprir o calendario previsto para ter rematado o traslado en abril
Galicia recorre a xuristas especializados en dereito europeo para reforzar e apuntalar a súa participación no recurso da frota contra o veto á pesca de fondo
A medida pretende dar resposta á necesidade de actuar con carácter urxente, cunha estratexia ben definida e liderada tanto por profesionais coñecedores da materia como por expertos familiarizados cos procedementos que rexen nas accións ante os tribunais europeos
O Executivo galego traballa na defensa dos intereses do conxunto do sector coa finalidade de acadar tanto a suspensión temporal da aplicación desta prohibición en 87 áreas de augas comunitarias como a súa anulación definitiva
Fernández-Tapias destaca o éxito do concurso de ideas para o novo Centro de Asociacionismo de Vigo tras recibir 29 propostas para reformar o edificio dos xulgados
A delegada territorial da Xunta salientou que avanza o proceso para elixir o proxecto gañador para a reforma integral do edificio da rúa Lalín
A Xunta participa na creación dunha comisión mixta cos letrados de Administración de Xustiza
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe nunha reunión na que se acordou crear un grupo de traballo no que se abordará o funcionamento, estrutura e persoal ao servizo da Administración de Xustiza