Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 150 novas da área temática Urbanismo:

27/03/2023 | 12:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adquire 3 inmobles en Ferrol por case 200.000 € para rehabilitalos e destinalos a vivendas protexidas

Ángeles Vázquez subliña que Ferrol é o municipio no que o Goberno galego comprou máis edificios e solares ao abeiro do programa Rexurbe

26/03/2023 | 10:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 370.000 € na adquisición de dous inmobles para rehabilitar na cidade de Ourense

Con esta nova operación de compravenda, a Xunta xa conta no centro histórico da capital ourensá con seis inmobles que prevé destinar a vivendas de alugueiro social

25/03/2023 | 13:19 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Coirós destinan máis de 125.000 € á humanización do núcleo de Casal-Combarro

Esta actuación acometerase ao abeiro do chamado plan Hurbe, un programa impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar proxectos municipais que inciden de forma positiva na calidade de vida da veciñanza

22/03/2023 | 14:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede 20.000 euros ao concello de Vilarmaior para a mellora exterior dun inmoble municipal destinado a usos sociais

Este financiamento outórgase ao abeiro da orde de axudas do Goberno galego para a corrección de impactos paisaxísticos

21/03/2023 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 880.000 euros a execución das obras de humanización das rúas Buenos Aires e Progreso do Porriño

Actuarase nun treito de case 700 metros da PO-329 para reforzar a seguridade peonil, mellorar a accesibilidade e a estética da vía e favorecer a integración urbana

20/03/2023 | 15:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello do Pereiro de Aguiar destinarán máis de 204.000 € á humanización da contorna da Casa do Concello

Entre as accións previstas, que lle darán continuidade a unha obra realizada na mesma zona o ano pasado, está a repavimentación e a construción dun aparcadoiro

19/03/2023 | 11:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concedeu axudas para a rehabilitación de máis de 14.500 vivendas grazas ás convocatoria de 2022

Os empresarios trasladan a súa preocupación pola complexa tramitación das axudas a nivel de edificio e de vivenda, financiadas con fondos europeos, e Heriberto García aclara que a regulación de ambos programas foi realizada polo Goberno de España

18/03/2023 | 15:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático
17/03/2023 | 14:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta investiu xa 34 M€ no barrio coruñés de Xuxán e ten comprometidos outros 19,5 M€ para completar o seu desenvolvemento residencial

Heriberto García explica que ata o de agora o seu departamento destinou 27,5 M€ ás obras de urbanización, adquisición de solo e traballos técnicos realizados e 6,45 M€ máis nas 40 primeiras vivendas de promoción pública rematadas neste ámbito