Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

03/04/2023 | 12:17 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste máis de 586.000 euros na execución dos camiños secundarios da zona de concentración parcelaria de Arantón-Santa Sabiña, no concello coruñés de Santa Comba

As obras executaranse nun total de 49 camiños, cunha lonxitude total de 9.600 metros, dos cales 43 serán de nova apertura e 6 de acondicionamento

29/03/2023 | 14:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda destaca que a rede de Polos de emprendemento cubrirá o cen por cen do territorio galego para apoiar a creación de emprego e de novas iniciativas laborais

Subliña que a Xunta destinará neste 2023 un total de 9,2 millóns a estas ferramentas que favorecen que empresas e emprendedoras creen novos postos de traballo

27/03/2023 | 12:55 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe o decreto da zona de concentración parcelaria de Escornabois, no concello de Trasmiras, que prevé reorganizar case 300 hectáreas de terreo

Este proceso declárase mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción

27/03/2023 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Xunta destina 850.000 € aos 15 concellos da contorna de Pontevedra ao abeiro do Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, informou desta resolución da Consellería do Medio Rural nunha visita de supervisión ás obras realizadas coa anterior convocatoria no viario A Bouza-Urxeira, no Concello de Poio, xunto ao alcalde, Luciano Sobral

26/03/2023 | 12:40 | C. do Medio Rural

A Xunta anuncia a firmeza do acordo da concentración parcelaria de Vilatuxe, en Lalín

Desta forma, dáse un paso máis cara á finalización desta reorganización territorial, xa que só queda pendente aprobar a acta de reorganización, o que suporá o remate administrativo deste proceso

26/03/2023 | 11:50 | C. do Medio Rural

A Xunta deu a coñecer en Madrid as vantaxes que brinda a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

O subdirector de Mobilidade de Terras da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou na 1ª reunión do Grupo de Trabajo sobre la Movilización de Tierras Agrarias Infrautilizadas, integrado pola Administración central e as autonómicas

21/03/2023 | 12:06 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé investir preto de 3,4 M€ para reorganizar máis de 900 hectáreas a través das dúas novas concentracións parcelarias decretadas en Petín e Vilardevós

A parcelaria de Petín-A Portela de Portomourisco, en Petín, prevé reorganizar 203 hectáreas de superficie divididas en 2.188 parcelas, mellorando a estrutura territorial da zona e beneficiando 619 propietarios

17/03/2023 | 15:14 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade; C. do Medio Rural

Galicia e Asturias reclaman que Europa teña en conta o envellecemento, dispersión da poboación e baixa natalidade á hora de distribuír fondos

Rueda e Barbón piden ao Goberno de España que solicite á Comisión Europea ampliar o concepto de “zonas escasamente poboadas” para que recolla tamén estes factores

15/03/2023 | 13:28 | C. do Medio Rural

A Xunta prevé investir algo máis de 5,8 M€ na nova concentración parcelaria decretada no concello de Boqueixón

Este proceso prevé reorganizar 1.957 hectáreas nas zonas de Lamas-Loureda-Sergude-Vigo e beneficiar 1.195 propietarios e 136 explotacións agropecuarias

14/03/2023 | 13:41 | C. do Medio Rural

A Xunta investirá algo máis de 1 M€ na reorganización dunhas 300 hectáreas no concello de Trasmiras mediante a parcelaria da zona de Escornabois

Este proceso, o cal beneficiará 711 propietarios, súmase aos outros cinco desenvoltos no municipio, que supuxeron unha superficie total de 4.293 hectáreas concentradas en 7.230 predios de substitución e con 5.258 propietarios beneficiados