Actualidade
Buscador de novas
A Consellería do Mar traballa para poñer 450.000 metros cadrados de terreos portuarios a disposición do Estado para a súa reversión aos concellos
O Executivo galego ten definida unha carteira de 27 espazos cun valor do chan de máis de 12 millóns de euros e que xeran ao ano arredor de 330.000 euros de ingresos por taxas, unha recadación que tamén podería pasar a engrosar as arcas dos municipios
A Xunta modifica a normativa reguladora dos eventos en terreo portuario para mellorar a súa organización e a compatibilidade co resto de actividades
O novo texto recolle cambios puntuais como que se poidan instalar carpas de máis de 100 metros cadrados de superficie en determinados casos ou a posibilidade de autorizar a conexión á rede eléctrica portuaria
A Xunta destaca o esforzo constante da confraría de Malpica por optimizar as súas instalacións e ofrecer os mellores servizos aos seus socios
Rosa Quintana salienta que a entidade realizou un importante labor para recuperar a puxanza do porto local e mellorar a súa situación económica
A Xunta insta ao Concello de Betanzos a asumir a súa obriga e corrixir as deficiencias do paseo do porto
O Executivo galego remitiu a principios deste mes un escrito á Administración local requirindo que adopte medidas para facer fronte ao deterioro existente na zona dando cumprimento ao convenio de mantemento asinado entre ambas entidades
A Xunta de Galicia e a Junta de Andalucía impulsan a peregrinación por mar e a cultura marítima coa xira da embarcación Nao Victoria
A responsable de Portos de Galicia presidiu a recepción institucional á réplica conmemorativa do V Centenario da primeira volta ao mundo, atracada no Monte Real Club de Iates de Baiona, onde se celebra unha xornada de portas abertas
A Xunta e a Autoridade Portuaria da Coruña colaboran na instalación dunha estrutura flotante no Parrote para realizar actividades náutico-deportivas
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu ao acto de sinatura do convenio entre a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, e o presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado
A Xunta aposta polo deseño dun plan de xestión da mexilla para optimizar tanto a extracción como o seu aproveitamento
O Executivo galego considera necesario adecuar os tempos de recollida do recurso ao seu estado e localización para acadar o máximo rendemento posible
Portos de Galicia e o Concello de Noia analizan as posibilidades de ordenación da fachada marítima
O ente público dependente da Consellería do Mar contratou a un estudo arquitectónico unha proposta para a integración e aproveitamento do bordo litoral
A Xunta traballa no anteproxecto de reforma do bordo portuario de Portonovo cun investimento estimado de arredor de 15 M€
O punto de partida é o proxecto gañador do concurso de ideas posto en marcha en xaneiro do ano pasado por Portos de Galicia e o Concello de Sanxenxo