Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 198 novas da área temática Novas tecnoloxías:

21/10/2023 | 13:35 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Máis de 6000 escolares participaron no III Concurso Ciberseguridade no cole!, que celebra a súa final no encontro CIBER.gal

Terá lugar o vindeiro 3 de novembro e será presentada pola comunicadora galega Es-ther Estévez

19/10/2023 | 17:37 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a importancia de promover o talento dixital para afrontar a especialización tecnolóxica de Galicia

A Estratexia Galicia Dixital 2030 asume os retos de xerar e reter talento e favorecer o fortalecemento do hipersector TIC para posibilitar a adopción das tecnoloxías disruptivas polos distintos sectores produtivos

10/10/2023 | 17:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta en Ferrol as oportunidades que ofrece a transformación dixital para impulsar iniciativas empresariais no rural

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na primeira das xornadas sobre esta temática que percorrerán seis concellos das catro provincias para poñer en valor as posibilidades que ofrecen as contornas rurais de cara a consolidar e impulsar novas ideas de negocio

10/10/2023 | 16:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta expón na Universidade da Coruña as vantaxes do novo sistema de intelixencia artificial, EMI, para axustar oferta e demanda de traballo

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe no relatorio A iniciativa de emprego intelixente (EMI) nunha xornada sobre cualificacións e habilidades na intelixencia artificial e a dixitalización avanzada

08/10/2023 | 12:13 | C. de Facenda e Administración Pública

Alumnos da aula CeMIT de Ortigueira elaboran material adaptado a persoas con discapacidade con impresoras 3D

Os obxectos elaborados foron entregados á Asociación Pro Minusválidos do Ortegal, que traballa con persoas con discapacidade intelectual

07/10/2023 | 10:22 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 10.000 persoas maiores de 75 anos incorporáronse ao uso de internet en Galicia en só un ano

Entre 2021 e 2022 rexistrouse un incremento de internautas deste tramo de idade superior ao 15%, o máis elevado nese período de tempo

03/10/2023 | 17:52 | C. de Facenda e Administración Pública

Máis de 140 persoas participaron este verán na iniciativa de capacitación dixital da Cruz Vermella e a axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia

O “Enredando Tour” percorreu 20 localidades das catro provincias con obradoiros sobre competencias dixitais básicas
 

03/10/2023 | 15:20 | C. de Economía e Industria

O proxecto europeo Navegando o Futuro divulga as novas tecnoloxías aplicadas ao naval entre 140 alumnas e alumnos

A iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, conclúe despois de tres meses de actividade con oito sesións demostrativas dirixidas a estudantes e dúas xornadas de formación para pemes

02/10/2023 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e Colexio Profesional de Informática colaboran para dotar á comunidade educativa de novas ferramentas para o uso seguro e responsable das novas tecnoloxías

O conselleiro de Educación e o presidente da entidade asinan un convenio para o desenvolvemento da duodécima edición do programa ‘Navega con Rumbo’

29/09/2023 | 13:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros pon en relevancia a celebración das actividades da G-NIGHT á hora de conectar a investigación coas persoas

A representante do Goberno galego compartiu experiencia cos alumnos de seis centros educativos que participaron en varios talleres e espectáculos e se achegaron á realidade virtual e aumentada