Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 328 novas da área temática i+D+i:

16/10/2023 | 22:12 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia investimentos de 18 M€ para facer de Ferrol a cidade do deporte e novas actuacións nos tres barrios BIC

Anuncia un acordo entre Xunta e Concello para comezar a traballar nun convenio de colaboración que supoña investir 18 millóns de euros ata 2027 en actuacións de rexeneración urbana na cidade e converter a Ferrol na cidade do deporte do futuro

16/10/2023 | 16:07 | C. de Economía e Industria

Comezan as actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas que a Xunta desenvolve no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol

A oferta deste curso do programa D´tec inclúe talleres científico-tecnolóxicos e espectáculos científicos para alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional

11/10/2023 | 14:49 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta sube nun 55 % a partida para os centros de investigación máis excelentes do sistema universitario de Galicia ata acadar os 38,5 M€

Esta nova inxección permitiralles gozar de estabilidade económica para desenvolver a súa actividade durante catro anos máis
 

07/10/2023 | 15:43 | C. de Economía e Industria

Xunta e Concello de Bande asinan un convenio de colaboración para iniciar a redacción do proxecto de construción do futuro centro termal

Lembra que se trata dun proxecto no cal ambas as dúas administracións levan tempo traballando e que xa conta cunha proposta arquitectónica, que establece dúas zonas termais (interior e exterior), un espazo dedicado á prestación de servizos de hostalería, e unha zona de estacionamento para vehículos

06/10/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por unha transformación integral da minería a través da busca de novas solucións innovadoras

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participaron esta mañá en Santiago de Compostela na xornada de presentación da Consulta Preliminar ao Mercado do proxecto SmartminTech

04/10/2023 | 13:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o alto nivel de calidade, diferenciación e competitividade do contract galego

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe á inauguración en Oleiros da XIII Semana Internacional Contract Galicia

03/10/2023 | 15:20 | C. de Economía e Industria

O proxecto europeo Navegando o Futuro divulga as novas tecnoloxías aplicadas ao naval entre 140 alumnas e alumnos

A iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, conclúe despois de tres meses de actividade con oito sesións demostrativas dirixidas a estudantes e dúas xornadas de formación para pemes

03/10/2023 | 15:15 | C. de Economía e Industria

Galicia contará cunha oficina de captación de fondos europeos para a investigación, innovación e modernización do sector mineiro

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe á presentación deste novo instrumento impulsado pola Xunta de Galicia e a Cámara Oficial Mineira de Galicia co que se pretende lograr fondos europeos, prestar apoio na súa xestión e identificar proxectos tractores para a Comunidade