Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 299 novas da área temática Formación:

18/10/2023 | 18:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta por impulsar a participación social da xente moza a través de programas como Iniciativa Xove e do voluntariado

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe nun foro sobre emprendemento social para mozos

18/10/2023 | 18:37 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon en valor os programas integrados de emprego que brindan máis e mellores oportunidades ás persoas con dificultades no acceso ao mercado laboral

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade visitou hoxe a sede da Asociación de familiares de enfermos de Azhéimer de Ourense (Afaor) onde clausurou un programa integrado de emprego con 100 persoas participantes

18/10/2023 | 17:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Xunta e AGAPI organizan unha xornada formativa sobre a produción sostible nas rodaxes audiovisuais

O Museo do Pobo Galego acollerá este venres tres relatorios nos que se abordarán os retos e estratexias para a adopción de prácticas sostibles no sector do cinema e a televisión

18/10/2023 | 15:29 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Un total de 60 galegos procedentes do exterior formaranse na Escola de Hostalería da Coruña a través do programa Retorna Cualifica Emprego

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou hoxe na Coruña na presentación desta iniciativa, onde se están a formar xa galegos no exterior para traballar no sector da hostalería

18/10/2023 | 15:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o servizo de orientación xurídico-laboral que ofrece cos graduados sociais e que atendeu en Lugo máis de 80 consultas este 2023

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, clausurou hoxe a V Xornada Iuslaboralista do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Lugo

16/10/2023 | 16:07 | C. de Economía e Industria

Comezan as actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas que a Xunta desenvolve no CIS Tecnoloxía e Deseño en Ferrol

A oferta deste curso do programa D´tec inclúe talleres científico-tecnolóxicos e espectáculos científicos para alumnado de primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional

16/10/2023 | 14:40 | C. do Mar

A Xunta aposta pola formación profesional dual para garantir o relevo xeneracional nos postos de mando dos buques pesqueiros da frota galega

O conselleiro Alfonso Villares destacou que este curso Galicia gañou un novo centro público onde se imparte este ensino profesional no ámbito marítimo pesqueiro

10/10/2023 | 20:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
10/10/2023 | 12:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial presenta a VII Xornada de Convivencia de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil de Ourense

Gabriel Alén subliñou que neste ambiente de convivencia realizaranse diferentes talleres prácticos no entorno natural Ribeira Sacra para tratar de conxugar, dende un punto de vista práctico, a exposición e emprego de material de emerxencias co coñecemento de novas tecnoloxías que cada vez mais ofrecen múltiples posibilidades no mundo das emerxencias

09/10/2023 | 10:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste en Lugo preto de 12 M€ en 273 accións formativas para traballadores desempregados

O delegado territorial, Javier Arias, explica que se prevé que participen máis de 4.000 persoas nos cursos, impartidos por entidades ou centros de formación acreditados