Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da área temática Conservación da natureza:

11/10/2023 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/10/2023 | 15:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia expón nun foro de traballo interautonómico a súa inquedanza polo status de protección do lobo e a súa coexistencia co sector primario

Belén do Campo traslada que a Xunta remitiu xa á Comisión Europea un completo informe no que se constata que a situación da especie na Comunidade é favorable e subliña a necesidade de que a UE coñeza a realidade e os últimos datos dispoñibles

03/10/2023 | 14:30 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta esixe que os orzamentos do estado inclúan fondos para que comunidades e concellos poidan asumir as novas obrigas impostas pola Lei de Benestar Animal

Ángeles Vázquez lamenta a falta de diálogo do Goberno central na elaboración dunha norma que sufriu ata 7 vetos nas Cortes e que entrou en vigor sen dotación orzamentaria e supeditada a un desenvolvemento regulamentario aínda sen data

22/09/2023 | 12:13 | C. do Medio Rural

A Xunta impulsa o polígono de Barzamedelle eliminando 33 hectáreas de acacias para controlar esta especie invasora e facilitar a investigación da titularidade dos predios

José González remarcou o esforzo do Goberno galego na erradicación desta planta, que ocupa preto de 60 das 145,6 hectáreas de superficie do polígono situado na localidade ourensá de Leiro

21/09/2023 | 14:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Zamáns e Miñor, no concello de Gondomar

Estes traballos enmárcanse nas actuacións de mantemento que se veñen realizando nas áreas con risco potencial de inundacións

21/09/2023 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa traballos de conservación e limpeza en treitos interurbanos de sete ríos no concello de Porto do Son

As tarefas están a realizarse nos ríos Pequeno, Igrexa, Sancho, Cans, Queiroa, Corral de Abaixo e un río innominado, no seu percorrido por distintos lugares do municipio

15/09/2023 | 17:30 | C. de Sanidade

26 concellos galegos fanse co ouro no marco do programa Praias Sen Fume da Xunta

Cabanas e Oleiros súmanse por primeira vez a esta categoría, tras declarar todos os seus areais libres de fume

04/09/2023 | 15:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destaca a proxección internacional da proba Tripla Coroa Illas Atlánticas para dar a coñecer e poñer en valor a riqueza natural do parque nacional

Belén do Campo avanzou que se aproveitará o evento para promover en paralelo actividades medioambientais, como visitas guiadas á Illa de Sálvora, un concurso de fotografía e unha acción de voluntariado para limpar a praia do Almacén

11/08/2023 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta solta na praia de Esmelle 6 dos máis de 30 polos de píllara das dunas criados en catividade esta campaña no Centro de Recuperación da Fauna de Oleiros

A delegada territorial, Martina Aneiros, participou no acto xunto a persoal técnico e representantes da USC e da Sociedade Galega de Historia Natural