Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

28/12/2023 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta manterá o desconto do 50% nos autobuses autonómicos, no transporte da ría de Vigo e no tren na área de Ferrol a partir do vindeiro 1 de xaneiro

O Consello da Xunta xa adoptou a semana pasada a decisión de prorrogar as bonificacións no transporte público autonómico

26/12/2023 | 13:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta culmina a construción da vía de conexión das estradas principais do parque empresarial de Espiñeira, en Boiro

A vicepresidenta segunda destaca que esta actuación dá resposta a unha demanda dos empresarios da zona para mellorar a mobilidade dentro do parque empresarial

23/12/2023 | 16:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para a mellora do firme en catro estradas da provincia de Ourense ao seu paso por sete concellos

A actuación, licitada por máis de 1,2 M€, acometerase nas vías autonómicas OU-113, OU-114, OU-310 e OU-311, nos concellos da Mezquita, Castrelo do Val, Laza, Sarreaus, Verín, Vilardevós e Vilar de Barrio

22/12/2023 | 13:37 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Política Social e Igualdade

Rueda destaca que Galicia será pioneira ao facilitar que os maiores de 65 anos viaxen de balde no transporte público da Xunta a partir do 1 de xaneiro

A Xunta destinará 5 M€ a esta medida para ampliar a gratuidade da que xa se benefician os menores de 21 anos coa tarxeta Xente Nova

22/12/2023 | 12:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras das sendas de Montecelo e Bormoio, en Coristanco, cun investimento de 777.000 €

Trátase de máis de 1,3 km de sendas na estrada AC-552 que facilitarán a mobilidade dos veciños desta contorna

20/12/2023 | 20:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pídelle ao Goberno de España que desvele xa que vai pasar o 1 de xaneiro coas peaxes da AP-9 e da AP-53 e cos abonos do transporte público

Vázquez Mourelle lamenta que a 20 de decembro os galegos non saiban como quedarán as peaxes das autoestradas estatais, sendo previsible un novo aumento que as manterá como as máis caras de España

20/12/2023 | 12:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para febreiro e marzo os propietarios dos terreos necesarios para completar a mellora integral da PO-235 na Lama, na que investirá 3,9 M€

Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, o levantamento de actas previas terá lugar os días 6, 7, 8, 13, 14 e 15 de febreiro e a formalización das actas de ocupación os días 19, 20 e 21 de marzo na Casa do Concello

20/12/2023 | 11:58 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que a Xunta prorrogará a bonificación do 50 % no transporte público autonómico con independencia de que o Goberno central manteña o desconto estatal

“A xente non pode seguir esperando”, argumenta o mandatario galego sobre a necesidade desta medida coa que se suplen as “lagoas” do Executivo estatal
 

19/12/2023 | 20:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta seguirá dando a batalla por unha AP-9 galega e pide ao Goberno que aclare que pasará o 1 de xaneiro coas peaxes

Vázquez Mourelle lembra que a AP-9 ten das peaxes máis elevadas do Estado, pese ás bonificacións, e a comezos deste ano 2023 as súas tarifas encarecéronse unha vez máis

19/12/2023 | 14:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 9 ofertas para a mellora do firme na vía de altas prestacións entre Monforte e o Alto do Faro e na LU-533 ao paso polo concellos de Chantada e O Saviñao

A actuación, licitada por máis de 2 M€ acometerase nun treito de 13,5 km da vía CG-2.1 e en algo máis de 4,4 km da LU-533, desde o núcleo urbano de Chantada ata Escairón