Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 156 novas da área temática Patrimonio:

17/07/2023 | 15:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avanza a incoación da declaración BIC do Museo Sargadelos-Carlos Maside

Culmina así un proceso no que foi preciso un intenso e minucioso traballo por parte dos técnicos de Patrimonio Cultural do Goberno autonómico

13/07/2023 | 20:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta axuda a dinamizar o patrimonio histórico, turístico e cultural con dous campos de voluntariado en Viana do Bolo e Larouco

No de Viana do Bolo realízanse performance en vivo e de rúa en lugares de gran valor histórico do municipio, como a Torre do Homenaxe
 

06/07/2023 | 14:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa este verán un plan de 40 intervencións arqueolóxicas en xacementos de toda Galicia

O vicepresidente primeiro resalta que o obxectivo é “mellorar a súa conservación, afondar no seu estudo e dar a coñecer este patrimonio á cidadanía”

30/06/2023 | 14:39 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia que a Xunta restaurará a capela da illa de Cortegada cun investimento de 600.000 €

Adianta que se prevé licitar as obras nas vindeiras semanas co obxecto de que este ben protexido polo seu valor cultural se incorpore aos usos do Parque Nacional da Illas Atlánticas recuperando a memoria e a historia da illa e das súas xentes
 

27/06/2023 | 16:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha xornada de difusión amosará este mércores 28 a restauración da Capela das Reliquias da igrexa do Colexio do Cardeal, en Monforte

Cun investimento de máis de 100.000 €, está previsto que a intervención remate este verán

23/06/2023 | 15:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por máis de 300.000€ a restauración da Igrexa de Santa María de Sacos en Cerdedo-Cotobade

O obxectivo da actuación, cun prazo de seis meses, é corrixir alteracións e resolver as patoloxías producidas polas inclemencias meteorolóxicas o paso do tempo

22/06/2023 | 13:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita obras de restauración da capela da Soidade de Lugo, cun orzamento de 186.700 euros

Corrixiranse problemas causados pola humidade e actuarase sobre os pavimentos, paramentos exteriores e interiores e carpinterías

21/06/2023 | 15:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta amplía a investigación e posta en valor do xacemento de Río Caldo de Lobios cunha nova campaña

Está previsto que os traballos que dan continuidade á intervención realizada no ano 2021 comecen esta semana co obxectivo de mellorar a conservación desta área

15/06/2023 | 18:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa unha nova campaña subacuática no pecio do Galeón San Giacomo di Galizia en Ribadeo

A intervención promovida pola Consellería de Cultura conta coa participación de investigadores da Universidade Nova de Lisboa e da Universidade de Southampton

14/06/2023 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora na promoción do Museo Galego do Ferrocarril cun investimento de 30.000€

O obxectivo do acordo é o mantemento do patrimonio industrial ferroviario do museo, con sede en Monforte de Lemos, promocionar as actividades de exhibición dos seus fondos e difundir os beneficios socioeconómicos e ambientais deste medio de transporte