Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 278 novas da área temática Formación:

05/10/2023 | 17:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo destaca a importancia dunha formación especializada unida ás capacidades diferentes de cada un para desenvolver un emprego con éxito

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe en Pontevedra no Salón da Oferta de Educación e Formación de Galicia (Edugal) no Encontro en feminino: as competencias brandas no desenvolvemento cotián

05/10/2023 | 17:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta forma a medio cento de persoas para exercer de guías especializados no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Tras superar a fase teórica, os participantes cursaron hoxe o último día de instrución da parte práctica, o paso final para lograr a acreditación necesaria para dar a coñecer os valores deste espazo natural entre os seus visitantes

05/10/2023 | 15:25 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As asociacións de autónomos aportarán a súa experiencia no proceso de mentorización e asesoramento a través dos polos de emprendemento da Xunta

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, mantivo hoxe unha xuntanza co colectivo dos traballadores por conta propia no seo da Mesa do Emprego Autónomo de Galicia

04/10/2023 | 14:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o potencial da FP galega como garantía de cualificación profesional e valor engadido para as empresas

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades participa na inauguración de Edugal, o XII Salón de Educación e Formación de Galicia, Edugal

03/10/2023 | 17:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor clausurou o obradoiro de emprego Padrón-Rois e Dodro no que se formaron 20 desempregados en operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización e en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

O representante do Goberno galego subliñou que os programas formativos da Xunta están orientados a cubrir as necesidades das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta

02/10/2023 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Reguera clausura o obradoiro dual de emprego da Xunta en Vilagarcía e felicita ao alumnado polas obras levadas a cabo no concello

Os obradoiros de emprego duais combinan a formación teórica coas prácticas remuneradas

29/09/2023 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros clausura en Ares o obradoiro de emprego ‘Reinicia IX’ que formou 16 alumnos en atención sociosanitaria e carpintería e moble

A delegada territorial da Xunta manifesta o compromiso do Goberno galego coa xeración de emprego na comarca e pon en valor este tipo de formación orientada a cubrir as demandas reais do entorno

29/09/2023 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o investimento no obradoiro Moaña Labora con 531.000 euros para a formación de persoas desempregadas

A delegada territorial de Xunta en Vigo, Ana Ortiz, clausurou este venres o curso Moaña Labora VI e lembrou que xa están aprobadas novas achegas para iniciar de inmediato unha nova edición do obradoiro

27/09/2023 | 16:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Comisión Europea debaten sobre o fomento da aprendizaxe permanente e a capacitación profesional

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE inaugurou o sexto encontro do ano do ciclo ‘FGE | NextGeneratiOn Galicia’

27/09/2023 | 15:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta fía ao emprendemento e ás microformacións laborais un rol decisivo para que Galicia sexa un lugar atractivo para traballar e iniciar unha actividade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na xornada Triple Hélice, organizada polo Foro Empresa Pontevedra