Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 192 novas da área temática Enerxía:

23/08/2023 | 13:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta instalará placas fotovoltaicas en 61 centros educativos que permitirán aforrar un 30% no consumo

O Goberno galego licita estas instalacións de autoconsumo por máis de 1,7M€ co obxectivo de acadar escolas máis eficientes e respectuosas co medio ambiente

23/08/2023 | 12:06 | C. de Economía e Industria

Continúa aberta a convocatoria de axudas da Xunta para promover o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas galegas

Cun orzamento de 7,5 millóns de euros, as compañías interesadas poderán presentar a súa solicitude ata o vindeiro 15 de setembro

21/08/2023 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto de 800.000 euros as obras para mellorar a eficiencia enerxética do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia

Esta semana remata o prazo de presentación de ofertas por parte das empresas interesadas na obra, que se enmarca no Programa de impulso á rehabilitación de edificios públicos (Pirep) e estará cofinanciada con fondos propios e da Unión Europea

18/08/2023 | 12:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta concedeu xa máis de 19,4 M€ en axudas para incentivar a compra de vehículos eléctricos a través do MOVES III

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou hoxe en Burela (Lugo) o concesionario Apersa, unha das empresas beneficiarias destes apoios

14/08/2023 | 12:54 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Culleredo a súa aposta por apoiar o aforro e a eficiencia enerxética das empresas galegas

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá as instalacións da empresa Dimalnox, beneficiaria das axudas do Goberno galego para proxectos de aforro e eficiencia

11/08/2023 | 12:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incrementa ata 66,4 M€ o orzamento das axudas para rehabilitación enerxética de edificios, case tres veces máis que na convocatoria anterior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación en 30 M€ da dotación inicial deste programa, convocado a mediados de xuño

09/08/2023 | 14:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta destina 181.000 euros a introducir enerxías renovables nos centros de saúde da Pastoriza, Riotorto e Navia de Suarna

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembra que tamén se investiron 1,4 millóns na central de biomasa para o complexo sociosanitario do barrio da Residencia

03/08/2023 | 19:38 | C. do Mar

A Xunta apoia con máis de 1,5 M€ un total de 85 proxectos de eficiencia enerxética e melloras a bordo dos buques pesqueiros

O Executivo galego destina estas achegas a mellorar a hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais embarcados, así como á eficiencia no consumo de combustibles para mitigar o cambio climático mediante medidas como o cambio de motores, entre outros aspectos

01/08/2023 | 11:06 | C. de Sanidade

A Xunta introducirá enerxías renovables en 14 centros de saúde máis para consolidar unha sanidade pública máis sustentable

O conselleiro de Sanidade avanzou un contrato de 1,5 millóns de euros para dotar de caldeiras de biomasa a 11 centros de saúde e de sistemas de aerotermia a outros 3

27/07/2023 | 15:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta declara a planta de hidróxeno renovable de Naturgy, Repsol e Reganosa en Cerceda como proxecto industrial estratéxico

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asegura que o obxectivo é “seguir posicionando Galicia como referente internacional na produción de hidróxeno verde”