Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 285 novas da área temática Consumo:

19/01/2024 | 10:45 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta convoca unha nova convocatoria de axudas de 5,5 M€ para fomentar o turismo enogastronómico e facilitar que as adegas sexan visitables

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a liña que subvencionará o embelecemento de establecementos hoteleiros, de restauración e adegas que divulguen a cultura vitivinícola e gastronómica galega

18/01/2024 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor os produtos ecolóxicos na presentación do quinto barómetro do Craega

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu á presentación deste documento que analiza a percepción e o consumo deste tipo de alimentos en Galicia

18/01/2024 | 11:02 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a Lei da calidade alimentaria, que reforza a aposta pola excelencia, a sustentabilidade e a promoción das producións primarias

O texto legal -que entrará en vigor aos vinte días da súa publicación- asegura a calidade dos produtos alimentarios, en defensa da lealdade das transaccións comerciais e dos dereitos e intereses lexítimos dos produtores primarios, operadores económicos e profesionais do sector, así como dos consumidores

13/01/2024 | 15:00 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o peso do sector do viño na marca Galicia Calidade, o 20 % dos produtos acreditados con este selo

Apunta que 22 adegas e máis de 170 viños das cinco denominacións de orixe galegas levan a marca Galicia Calidade

27/12/2023 | 16:45 | C. do Mar

A Xunta denuncia desde a Feira de Sarria a falta de sensibilidade do Goberno central por manter o veto á rebaixa do IVE aos produtos do mar e á carne

Alfonso Villares considera que o sector primario volve quedar excluido pola cerrazón do Executivo estatal da lista de produtos básicos bonificados, o que supón manter o agravio histórico fronte a outros alimentos e afecta ao consumo

27/12/2023 | 15:03 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o traballo do laboratorio de consumo de Galicia a prol da seguridade dos produtos

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, visitou na Coruña este centro cuxo labor sitúa a Galicia como líder no control de produtos de consumo

27/12/2023 | 12:05 | C. do Medio Rural

O DOG publica hoxe a convocatoria das axudas para o fomento da elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, dotada con 4,5 M€

Dende mañá, os interesados disporán de prazo ata o vindeiro 31 de xaneiro de 2024 para presentar a súas solicitudes

18/12/2023 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informa de que Bono Deporte de 120 € estará activo o 8 de xaneiro para todas as familias con rapaces de entre 6 e 16 anos federados ou inscritos no programa Xogade

Salienta que a Xunta vai destinar “máis de 16 M€” a estas axudas co obxectivo de chegar “a 135.000 rapaces e rapazas”