Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 186 novas da área temática Conservación da natureza:

06/11/2023 | 10:39 | C. do Medio Rural

A Xunta publica os modelos de estatutos aos propietarios forestais para facilitar a constitución de agrupacións de xestión conxunta

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe estes documentos, orientativos e voluntarios, establecidos ao abeiro da normativa vixente, máis concretamente nas leis de montes de Galicia e de recuperación da terra agraria

28/10/2023 | 11:42 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Costa Rica e Uruguai visitan o Parque Nacional das Illas Atlánticas para intercambiar experiencias no coidado das áreas protexidas e establecer sinerxías

Unha delegación dos gobernos de ambos países pasou seis días en Galicia no marco dun proxecto de intercambio de formación e información financiado pola UE

26/10/2023 | 15:12 | A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta activará un servizo pioneiro de asesoramento técnico para promover en Galicia iniciativas públicas e privadas de adaptación ao cambio climático

Rueda resalta que especialistas en diferentes áreas asesorarán sobre medidas ou proxectos para adaptarse ao quecemento global

25/10/2023 | 18:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta lamenta a “parálise” na que o goberno central deixa a Galicia co recurso contra a lei do litoral e censura as diferencias de trato entre comunidades

Ángeles Vázquez contrapón a forma de entender o litoral do Estado, que avoga por eliminar calquera vestixio humano do mesmo, coa xestión integrada que quere Galicia

25/10/2023 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa o servizo de protección do espazo natural de Ordes e Frades cunha achega de 36.150 €

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, coñeceu a dotación de persoal e equipamento financiada a través do Fondo de Compensación Ambiental

20/10/2023 | 15:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reafirma o seu compromiso co fermosismo coa concesión da Bandeira verde de Galicia a 18 concellos e cun orzamento de 2 M€ o vindeiro ano

Os municipios da Burela, A Illa de Arousa, Oleiros, Porqueira e Sanxenxo son galardoados por primeira vez e os de Alfoz, Cervo, Curtis, A Laracha, Moaña, Mondoñedo, Muros, Ordes, Outeiro de Rei, Parada de Sil, Porto do Son, Ribeira e Sober revalidan este distintivo

13/10/2023 | 15:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta somete a consulta pública previa o decreto que regulará os instrumentos e outras medidas para promover a protección das especies silvestres

A futura norma desenvolverá os contidos da Listaxe de especies silvestres en réxime de protección especial de Galicia e do actual Catálogo galego de especies ameazadas

12/10/2023 | 12:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Vilanova de Arousa avalían vías de colaboración en materia de humanización de espazos públicos e xestión de residuos

O Concello recibirá 350.000 € ao abeiro da liña de axudas para a construción por parte das entidades locais de novos puntos limpos fixos

11/10/2023 | 18:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O monumento natural Praia das Catedrais recibiu preto de 225.000 visitas durante a temporada alta de 2023

Do Campo fixo fincapé na importancia de combinar o uso e desfrute desta contorna coa súa preservación e, nesa liña, lembrou a obrigatoriedade de cumprir a normativa de uso público establecida para este espazo protexido