Actualidade
Buscador de novas
A Xunta aproba a modificación do prego de condicións da DO Ribeira Sacra solicitada polo seu Consello Regulador para mellorar este selo de calidade
A modificación, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG), afecta aos valores límite dalgúns parámetros analíticos de determinadas categorías de viños, en particular á acidez total mínima, á acidez volátil máxima e ao contido máximo de sulfuroso
A Xunta destaca as oportunidades que ofrece aos emprendedores rurais o sector da planta ornamental en Galicia
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou esta mañá na apertura do curso Iniciación ao emprendemento: Produción de plantas ornamentais, que se imparte no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias
Medio Rural pon en valor a artesanía alimentaria coa celebración dunha xornada formativa para dar a coñecer este selo
O director da Axencia Galega da Calidade, José Luis Cabarcos, participou esta mañá no peche deste evento, celebrado no Pazo de Quián, no concello coruñés de Boqueixón
A Xunta concede 220.000 euros a dez asociacións de criadores para o fomento das razas autóctonas galegas
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas axudas, que esgotaron a totalidade do seu crédito
Manuel Pardo pon en valor a tradición vitivinícola do Ribeiro
O delegado territorial salientou que “O Ribeiro posúe uns pilares moi sólidos na súa tradición de elaboración de viños que constitúe, xunto á riqueza natural e histórico - patrimonial, unha das comarcas máis singulares de Galicia”
A Xunta impulsa axudas por 1,27 M€ para que o sector agrícola primario optimice o seu consumo enerxético e aposte polas renovables
Os apoios, que poden solicitarse ata o vindeiro 30 de maio, permitirán a mobilización de 4,3 millóns de euros
A Xunta salienta a súa aposta pola recuperación do territorio para dinamizar o rural no encontro de Sober
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participou esta mañá neste evento, un foro económico centrado no rural galego que comezou onte e que rematará hoxe nesta localidade lucense