Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

18/04/2023 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada a disposición a actuar no firme da estrada AC-414 se o Concello de Carballo asume a transferencia dos treitos da vía, con funcionalidade eminentemente local

O treito da AC-414 ao paso polo municipio está constituída por 2 tramos antigos da estrada AC-418, que actualmente atende unha mobilidade de carácter veciñal

18/04/2023 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras de mellora do saneamento do núcleo urbano de Lalín que suporán un investimento autonómico de máis de 6,7 M€

O inicio destes traballos céntrase estes días na instalación das casetas de obra e continuará a vindeira semana xa coa disposición de tubaxe para avanzar na intervención

18/04/2023 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicita ao Goberno de España 28 M€ adicionais de fondos Next Generation para 24 novas actuacións de mobilidade sostible que están preparadas para a súa execución

Vázquez Mourelle subliña o deber de aproveitar ao máximo a inxección extraordinaria de fondos europeos de reconstrución que se puxeron á disposición das distintas administracións para fomentar a recuperación económica

17/04/2023 | 15:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 13 ofertas de empresas para executar o aparcadoiro disuasorio na estrada PO-551 en Domaio, no concello de Moaña, cun investimento de máis de 877.000 €

Executarase un aparcadoiro de 75 prazas nas proximidades do enlace de Rande, como prolongación do existente na marxe dereita desta vía, no punto quilométrico 33+250

17/04/2023 | 14:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras da nova senda na estrada autonómica AC-524 en Frades cun investimento de 225.000 €

Constrúese un itinerario peonil de 770 metros na marxe esquerda da vía que permitirá desprazamentos máis cómodos e seguros entre os núcleos de Pibideira, O Pazo e Sobre dos Campos, ademais de continuar pola senda da travesía da Abellá

16/04/2023 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comezará esta semana actuacións de limpeza e acondicionamento en tres estradas autonómicas ao seu paso polos concellos de Vigo e de Santa Comba

Executaranse traballos de axardinamento nas glorietas da estrada AC-406 en Santa Comba e iniciaranse os labores de roza nas marxes da PO-010 no concello de Vigo, así como o acondicionamento das sendas da PO-552, á altura de Coruxo

15/04/2023 | 10:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 5 ofertas para executar as obras para reducir o risco de inundación no río Viladesuso, en Oia, que suporán un investimento de máis de 342.000 euros

A intervención ten como obxectivo incrementar a sección hidráulica na zona da ponte da Serra Seca e a protección do leito do río fronte á erosión

14/04/2023 | 15:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta blinda un orzamento de 21 M€ para continuar desenvolvendo nos vindeiros anos obras de eliminación de tramos de concentración de accidentes

Francisco Menéndez explica que Galicia é a única Comunidade Autónoma que conseguiu que os fondos FEDER financien estas actuacións de seguridade viaria, cuxa execución se cofinanciará con investimento autonómico

14/04/2023 | 14:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Oza-Cesuras colaboran na mellora da mobilidade peonil na AC-840 cunha nova senda e pasarela baixo a vía do tren cun investimento de 1,2 M€

Habilitarase un paso exclusivo para peóns e ciclistas non deportivos co obxectivo de favorecer os desprazamentos, especialmente das persoas con mobilidade reducida