Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 263 novas da área temática Vivenda:

16/02/2024 | 12:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por preto dun millón de euros o mantemento dun inmoble de vivendas de promoción pública na rúa Ribeira Sacra da Coruña

Os traballos no conxunto construtivo, situado entre os números 15 e 21, suporán a substitución da cuberta e a reparación das humidades tanto nas vivendas como nos espazos comúns do edificio

15/02/2024 | 14:54 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta construirá 75 vivendas de promoción pública para alugueiro social en Vigo, A Coruña e Oímbra

O Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana asinaron hoxe o convenio que permitirá a promoción destas novas VPP, cuxo custo asumirá a Xunta en máis dun 85% e a UE, a través do Next Generation, no 15% restante
 

15/02/2024 | 13:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta, Abanca e Caixa Rural Galega renovan o seu convenio de colaboración para manter en 2024 o programa de avais públicos para a mocidade

O Goberno galego apoiará aos menores de 36 anos na compra do seu primeiro fogar prestando garantía sobre, como máximo, o 20% do prezo de adquisición do inmoble

14/02/2024 | 13:22 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta licita por máis de 235.000 euros a redacción dos proxectos para rehabilitar 13 vivendas adquiridas na Coruña, Ribadeo e Tui

Os inmobles foron mercados polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no marco do programa Rexurbe e as vivendas serán cualificadas como de promoción pública para a súa adxudicación en réxime de alugueiro social

09/02/2024 | 14:01 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta urxe ao Concello de Vigo a asinar o acordo para a construción de 27 vivendas públicas municipais ante o risco de que perda os fondos da UE

O Instituto Galego da Vivenda e Solo concedeulle ao Goberno local unha subvención de 1,18 M€ en setembro de 2023, con financiamento do programa Next Generation

06/02/2024 | 13:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia prepara o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei estatal de vivenda coa petición dun informe ao Consello Consultivo

A Xunta recorrerá á vía xudicial se o Goberno central non dá resposta nesta semana ás propostas remitidas nos últimos días polo Observatorio da Vivenda de Galicia para modificar a normativa e evitar conflitos de competencias coas autonomías

25/01/2024 | 14:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inicia o procedemento para adxudicar cinco vivendas protexidas de promoción privada na cidade de Ourense

O sorteo será entre as persoas inscritas no Rexistro de Demandantes, que deberán solicitar a inclusión no procedemento no prazo de 15 días hábiles

24/01/2024 | 13:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Ángeles Vázquez visita o inmoble adquirido polo concello de Oza-Cesuras que se destinará a vivendas de promoción pública tras a súa rehabilitación

Pon en valor o compromiso do municipio coa recuperación do xa construído, que é fundamental para a veciñanza, xa que vai vivir en contornas máis amables e con mellores servizos, e para a imaxe de Galicia

18/01/2024 | 16:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia recibirá 25,2 M€ no novo reparto territorial de fondos europeos para as axudas de vivenda e esixe un esforzo extra ao Goberno central

Ángeles Vázquez xustifica a súa solicitude en que a Xunta “fixo os deberes” e cumpriu “con creces” os obxectivos marcados polo Ministerio en canto ao número de vivendas, con máis de 10.000 beneficiadas nas dúas convocatorias anteriores