Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

18/01/2024 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para executar unha senda e unha pasarela baixo a vía do tren na estrada AC-840 no concello de Oza-Cesuras

Esta actuación suporá un investimento de 1,26 M€ e ten como obxectivo solucionar o estreitamento nesta vía, no paso baixo o ferrocarril, favorecendo a mobilidade dos usuarios vulnerables, especialmente os peóns

16/01/2024 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Arredor de 3.700 maiores de 65 anos de Betanzos poden viaxar de balde no transporte público da Xunta empregando a Tarxeta de Mobilidade de Galicia

Para acollerse a esta iniciativa, activa desde o 1 de xaneiro, os maiores de 65 anos deben dispoñer dunha tarxeta TMG, que pode adquirirse nas oficinas de Abanca, e aboar con ela as súas viaxes

11/01/2024 | 14:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 16 ofertas para executar as obras da terminal de autobuses e do aparcadoiro subterráneo da estación intermodal de Lugo

Das 16 ofertas presentadas para realizar esta intervención, 7 delas están conformadas por UTE, o que suma un total de 23 empresas

10/01/2024 | 14:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza as obras para a mellora de 55 paradas de autobús en estradas autonómicas de acceso á cidade da Coruña, cun investimento de 1,4 M€

Os traballos están a iniciarse en dúas paradas situadas en Larín, no concello de Arteixo, nas marxes das estrada AC-552, onde non se precisan expropiacións

10/01/2024 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG as axudas outorgadas a 9 asociacións profesionais e empresariais para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia cun investimento de máis de 450.000 €

O obxectivo é mellorar as capacidades dos profesionais do sector en eidos como a seguridade viaria, a manipulación de mercadorías perigosas ou a eficiencia na xestión empresarial

07/01/2024 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras da nova senda na avenida das Caldas en Ourense fará necesarios axustes no tráfico desde a vindeira semana

Os traballos comezaron o 11 de decembro na rúa Ribeiriño e continuarán esta semana na propia avenida das Caldas, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan

06/01/2024 | 12:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilitará desde o luns paradas en dúas liñas de autobús ao paso por Tarás e San Lourenzo, en Outes, co fin de mellorar os servizos de transporte público na contorna

A liña A Picota-Pino do Val-Viladomonte-Noia contará con paradas en Barreira e Tarás e a liña Pino do Val-Noia terá paso por Famelga e San Lourenzo

30/12/2023 | 10:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/12/2023 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina o convenio para manter conxeladas en 2024 as peaxes nas autoestradas autonómicas e seguir aplicando as bonificacións vixentes

Os Orzamentos da Xunta para 2024 reservan 5,5 M€ para conxelar as tarifas e manter os descontos o próximo ano nas autoestradas A Coruña-Carballo e do Val Miñor

29/12/2023 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lembra que o 80% da autovía A-6 continúa pechada ao tráfico en Pedrafita e demanda a máxima dilixencia para completar a súa reconstrución

O Goberno galego advirte de que unha Autovía do Noroeste incompleta é un risco para a seguridade viaria e a viabilidade industrial, ademais dun lastre para o transporte e para a competitividade turística