Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 170 novas da área temática Territorio:

21/06/2023 | 16:20 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta convoca unha poxa para a adxudicación de máis de 127.000 m2 de solo empresarial na Plisan

As parcelas asignaranse en réxime de compravenda a partir de 80,19 euros o metro cadrado e en dereito de superficie a partir de 1,20 euros por metro cadrado e ano

06/06/2023 | 15:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta asesora ao persoal municipal dos concellos adheridos ao Pacto das alcaldías polo clima sobre as seguintes fases a desenvolver no marco desta iniciativa

Galicia conta xa con 285 concellos adheridos a esta iniciativa, dos que o 87 % xa deseñaron un Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable

26/05/2023 | 13:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para xuño e setembro os propietarios dos terreos necesarios para executar a 2ª fase de humanización da avenida de Galicia en Teis, en Vigo

Segundo recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, o levantamento de actas previas fíxase o 27, 28 e 29 de xuño e a formalización das actas de ocupación o 26, 27, e 28 de setembro

25/05/2023 | 15:00 | C. do Medio Rural

Galicia propón ao Estado que impulse a actualización do catastro e o rexistro da propiedade nas terras abandonadas e beneficios fiscais para a súa posta en produción

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou na 2ª reunión do Grupo de Trabajo sobre la Movilización de Tierras Agrarias Infrautilizadas, integrado pola Administración central e as autonómicas

24/05/2023 | 14:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica preto de 58.000 metros cadrados de solo empresarial en 8 polígonos industriais galegos

A empresa pública Xestur resolve o concurso de venda de parcelas de 2023 a prezos con bonificacións de entre o 30 % e o 50 %

22/05/2023 | 13:16 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a consulta pública de cara á implementación dunha nova zona de concentración parcelaria no concello de Ordes

Esta actuación supón o comezo da tramitación para a avaliación previa da zona de reestructuración parcelaria de Ordes – Pereira II, con 1.323 hectáreas implicadas
 

18/05/2023 | 10:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Unha delegación do alumnado de enxeñería civil da USC visita o IET para coñecer o seu traballo en materia de cartografía e protección da paisaxe

Enrique de Salvador subliña que esta visita supón un reforzo para a formación integral destes estudantes

16/05/2023 | 13:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta entrega ao Concello de Lugo os espazos públicos da terceira fase do polígono das Gándaras

Suman un total de 20.344 m2 e constan de tres rúas, unha praza e unha reserva viaria

09/05/2023 | 11:32 | C. do Medio Rural

A Xunta declara de utilidade pública e de interese social os polígonos agroforestais de Bóveda, Montederramo e Larouco

O DOG publica hoxe os tres decretos da Consellería do Medio Rural para seguir adiante con estes procesos, que implicarán no seu conxunto case 300 hectáreas, algo máis de 1.600 parcelas e preto de 800 propietarios

06/05/2023 | 11:45 | C. do Medio Rural

A Xunta anuncia a toma de posesión de predios de substitución na zona de concentración parcelaria de Val de Camba, no concello pontevedrés de Rodeiro

Deste xeito, a Consellería do Medio Rural pon en coñecemento dos veciños benefi-ciados pola concentración que poden comezar a usar as novas parcelas resultantes do proceso de reorganización da propiedade